You are hereAxudas para libros de texto - curso 2023/2024

Axudas para libros de texto - curso 2023/2024


By caloto - Posted on 22 Maio 2023

Están convocadas as AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, así como a PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados (anexo I e anexo II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Para presentala presencialmente no centro deberá solicitar cita previa no teléfono 982 828 133 (en horario lectivo). Antes deberanse descargar e cubrir estes impresos:

  • Anexo II (para o caso de que haxa máis de 3 membros computables)

ou solicitalos en conserxería sen necesidade para isto de cita previa.

Xunto aos Anexos I e II deberase presentar copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demáis membros computables da unidade familiar (para casos particulares que precisan outra documentación, consultar a Orde do 10 de maio pinchando no enlace facilitado enriba).

O prazo de presentación remata o vindeiro 21 de xuño.

IMPORTANTE: o alumnado que no curso 2023/2024 curse estudos de 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES no que foi admitido.

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar