You are hereBlogues / blogue de carmenlopez / 2ºB - A nosa celebración do DÍA DO LIBRO

2ºB - A nosa celebración do DÍA DO LIBRO


By carmenlopez - Posted on 21 Abril 2023

 23 DE ABRIL

   "DÍA DO LIBRO"

1º B

    Os libros están moi presentes no noso curso, trouxemos libros da casa, lemos os propios e os que trouxeron os compañeiros e a profe......pero hai algo que nos gusta máis. Fomos, somos e seremos  "ContaContos".

       Xa levamos certo tempo cas visitas dalgúns contacontos moi especiais, moi moi moi especiais, para os nenos de primeiro: eles mesmos. Xa está cerca o día do libro e creo que a mellor maneira de celebralo sería recordando o ben que o pasamos os nen@s de 1ºB lendo para os seus compañeiros de clase ou, como xa comenzamos, lendo para outras clases.

       Deíxovos os carteis dos contacontos que nos visitaron:

 

 


       Todos foron un gran éxito.

 

        O vídeo do noso ContaContos.

Álvaro LF.

        Hoxe fomos acompañando a Álvaro LF como contacontos a Infantil de 3 aniños. Eles e a profe pasárono ben, e nós tamén Sorriso

 

 

 

 

 

 Vai vídeo:

 

Pasou o verán e.....

 

Xa estamos no vindeiro curso (2ºB) 2023-24 e seguimos cos nosos contacontos cos pequechos de Infantil.

Cada semaniña pasarán os rapaces e...... comenzamos:

 

Álvaro LG.

Álvaro LG. dedicou uns minutos a ler aos más cativos o seu libro preferido, adiviñade cal é??

Dentro vídeo:

 

SABELA

A seguinte foi a nosa compañeira Sabela!!

Coma sempre entregada e entusiasmada contoulles o conto de "Corre corre cabaciña"

Vai vídeo:

 

 

 

 

 

 

 

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar