You are hereBlogues
Blogues
Día da muller- 2024
… E un lembra a Etheria, a peleriña;
a María Baleria, a xograresa;
á doce, fonda, tristeira e veradeira
nai de Galicia, Rosalía;
á Pardo Bazán, tan segura de si
e tan sabida; á valente María Pita;
a Concepción Arenal, escoando amor,
dun xeito inesgotable…
Galicia é unha muller.
Galicia, néboa imprecisa,
río ó que nun se lle ve o fondo,
dor que nos manca,
casa de canteira tan velliña,
ten nome femenino,
un nome moi fermoso de muller.
Galicia, nosa nai,
nosa dona,
nosa irmá,
nosa amiga.
Galicia noso desacougo
e nosa vida.
Tódalas nosa mulleres son Galicia:
voz que nos chama e nos arrola,
luz que nos aluma,
amor que nos acende;
tenrura que aceiamos
e nos compre.
¡Esperanza ergueita
cara un futuro limpo,
noso,
que agardamos!
Manuel María
Charla ESA
Tivemos o honor de acoller no noso colexio a José Luís Vázquez Expósito, veciño de Chantada, que nos veu a falar sobre o seu traballo na ESA (Axencia Espacial Europea). Cantas cousas novas descubrimos , moitas grazas e volve cando queiras!
Rosalía de Castro
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas fazéndome mofa.
Cuando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostas,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si chora, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
negra sombra que me asombras.
Follas novas
Entroido 2024
No colexio este entroido
imos todos desfilar
disfrazados de inventos e inventores
que ben o imos pasar!
Si, si, si é entroido xa!
(cantiga popular adaptada)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »