try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

2008-2009

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

     As mestras de E.I Eva e Mª Jesús en colaboración co Equipo de Biblioteca, estamos levando a cabo unha sesión de contacontos  por parte das familias ( pais, nais, avós, curmáns...).

     Con esta actividade pretendemos potenciar o gusto polos contos e pola lectura dos nosos nenos e nenas, así como favorecer a relación familia- escola.

     Esta iniciativa está a ter un gran éxito e as familias están a colaborar con moito entusiasmo nesta tarefa.

     A sesión de contacontos realízase na Biblioteca do Centro co lema "CÓNTAME UN CONTO".

     As familias do alumnado de E.I todos os xoves elixe o seu conto favorito e recrea a súa visión particular do conto , empregando todo tipo de materiais: bonecos feitos con teas ,goma- espuma , pauciños , porispán...

     Grazas as familias de todo o alumnado de E.I , pola súa participación.

     Algúns deses contos foron:

   

 

 

 
 
 

Saída a Vigo

O venres 13 de marzo o alumnado de E.I e 1º Ciclo de E.P, fomos de excursión a Vigo.

Saímos do colexio ás 9:30 horas. Ás 10:00 horas chegamos ao Teatro Caixanova de Vigo.

Título da obra " Lio en la Granja ". Esta obra trata temas como a tolerancia, a inmigración , oracismo... a partir duns personaxes coñecidos como son os animais .

Despois comemos o bocadillo na Praza da Princesa de Vigo.

Por último fomos ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo ( Marco ).

Chegamos un pouco cansados.

                                         ATA  A PRÓXIMA !!!

 

 
      

 

 

 
   
 
 
 
 

 

 

 

 

NADAL 2008

     O venres 19 de decembro celebramos o festival de Nadal. Unha gran festa cargada de danzas, obras teatrais, panxoliñas...

     O alumnado de Educación Infantil:

           - 3 Anos, bailamos "O PIRIMPIMPIN"

           - 4,5 Anos, dramatizamos a obra de teatro " O VELLO MADEIRO"

     Non faltaron os Reis Magos cargados de agasallos " un conto para cada neno e nena.

     Por último fixemos unha merendola.

 

  Mural feito polo alumnado de E.I 3 anos coa colaboración das familias.

 Nenos e nenas de 4, 5 anos dramatizando " O VELLO MADEIRO" 

 

Nenos e nenas de 3 anos bailando "0 PIRIMPIMPIN "

 

Alumnado de E.I degustando doces típicos de Nadal.

O MAGOSTO

O venres, día 7 de novembro, celebramos o magosto no colexio.

A partir das 12:30 horas comezaron os xogos por equipos dentro dos distintos grupos de alumnos e alumnas:

  • Encestar na caixa as castañas.
  • Tirar os bolos.
  • Buscar dentro da caixa chea de serraduras as castañas, despois de pasar por un circuito de aros e banco sueco.
  • Estoupar os globos para obter o "sugus" que leva dentro.

Ás 13:30 horas, degustación de castañas asadas.

                             QUE RICAS ESTABAN!!    

 

Tirando os bolos
T
Estoupando os globos

Comendo as castañas

 

 

 

 

 

 

 

AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

O noso colexio conta con dúas aulas de Educación Infantil amplas e luminosas e con abundante material onde os nenos e nenas disfrutan nas horas escolares.

 

3 anos: 15 alumnas-alumnos

 

 

4 e 5 anos: 15 alumnas-alumnos

 

 

Que aprendemos na educación infantil?

  • Aprenderei por min mesmo investigando, manipulando cousas, observando e comprobando.
  • Aprenderei a xogar cos demais nenos e nenas respectando as normas de xogo.
  • Aprenderei a escoitar, responder e esperar ó meu turno.
  • Aprenderei moitas cancións, bailes, ritmos,...
  • Aprenderei xogando a contar e recoñecer os números.
  • Coñecerei o meu entorno.
  • Tomarei contacto coa linguaxe escrita partindo do meu nome e outras palabras significativas para min.
Distribuir contido