try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

radiactivo

Cúmprense 30 anos de Chernobyl e a radiación segue matando

O accidente nuclear de Chernobyl (Ucraína) prodúcese durante a noite do 25 ao 26 de abril de 1986 no cuarto reactor da planta nuclear, producindo unha gran explosión que lanzou produtos radioactivos á atmosfera.

Como consecuencia desta explosión ao redor de 135.000 persoas tiveron que ser evacuadas e a radiación estendeuse a polo menos a 13 países de Europa central e oriental. A choiva radioactiva chegou de feito ata Irlanda. A cantidade de mortes desde entón por trastornos xenéticos, malformacións de órganos internos e cancro como consecuencia da radiación é incerta, segundo algúns cálculos a cifra elévase entre 600.000 e 800.000 persoas.

30 anos despois, Chernobyl é e será durante miles de anos, zona prohibida. Lagos, chans arenosos e bosques pasaron, en cuestión de segundos, a converterse en terreo baldío, e inhabitable, na que o home non poderá volver poñer un pé ata dentro de miles de anos por estar contaminada con niveis moi elevados e que fai imposible o desenvolvemento normal da vida humana.

Inmediatamente despois do accidente construíuse un "sartego", para illar o interior do reactor con gran cantidade de residuos radioactivos e equipos contaminados. Pero por factores naturais esa construción vaise degradando podendo provocar risco de contaminación das augas subterráneas. En 2004 iniciouse a construción dun novo sartego, cuxa finalización está prevista para 2017.

Distribuir contido