tic

Tangram

Para empezar o curso nada mellor que o TANGRAM , un antigo xogo chinés formado por sete pezas que resultan de dividir un cadrado en cinco triángulos distintos, un cadrado e un paralelogramo.

O xogo consiste en xuntar as sete pezas para formar diferentes figuras. Pica na imaxe e poderás empezar a xogar.

                                                                               

A máquina do tempo

Dende a Prehistoria ata os nosos días. Se clicas na imaxe podes facer unha interesante viaxe a través do tempo.

                                             

Visita Museo Thyssen - Bornemisza

A utilización das Tic nos permite contactar co museo Thyssen ,e realizar unha visita virtual polas súas salas.

 



                                         

Alumnado aula Abalar 5º EP

in

O alumnado de 5º de EP incorporouse este curso á rede Abalar, utilizando na aula as novas tecnoloxías .

Aquí podemos ver a Uxía, Alejandro, Fabián, Diego, Lisa, Saray, Yoel, Iago, Óscar, Brais e Inés traballando cos libros dixitais.

 

 

Donald en el país de las matemáticas

Este vídeo de animación producido por Walt Disney no 1950 , mostra a presencia das matemáticas na vida diaria. O Pato Donald transfórmase nun explorador, que guiado polo " espíritu das matemáticas” ,viaxa a un fascinante mundo ata agora descoñecido para el.

 

Libros dixitais na aula de 6º de primaria

Este curso o alumnado de 6º xa non carga nas súas mochilas con seis pesados libros de texto, estes foron substituídos por libros dixitais.

Para abrir o libro so teñen que coller o seu netbook, ferramenta que lle abre un montón de posibilidades: consulta, estudo, búsqueda de información, realización de actividades,...

Outro dos elementos da aula Abalar é o PDI ou encerado interactivo que permite manipular todas as aplicacións do ordenador, a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou videos. Ademais, o seu Software Interactivo SMART Netbook, permite a consulta de páxinas web e animacións.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido