try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

"POLO BEN DESTE MUNDO, SOLIDARIEDADE"

     Esta é a última frase da canción "No mundo" de Luar na Lubre, que escoitamos durante este mes nas entradas e saídas para conmemorar o 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

     Neste tempo realizamos as seguintes actividades:

     O 2º e 3º ciclo traballaron as noticias de prensa relacionadas coa Paz.

     Na clase de plástica decoráronse pombas de madeira usando diferentes técnicas e motivos.

     Buscamos información e datos ralativos á vida no Camerún e, en concreto, da zona de Mayo Rey.    

     O 28 de xaneiro o grupo de 3º foi o encargado de realizar a actividade de contacontos para o resto do alumnado co título "O xigante egoísta".

     Os nenos e nenas do 1º ciclo crearon unha poesía titulada "Quixera ser..." na que expresaron as súas ideas para conseguir un mundo mellor.

     A continuación proxectouse a curtametraxe "O soldadiño de chumbo" que nos achega unha historia de axuda aos demais.

     Coma todos os anos presentouse no proxecto "CompARTE a Paz" a obra que se traballará durante o resto do curso. Nesta ocasión daremos a nosa visión de "As Meninas" de Velázquez.

     Xa no patio colocamos as pombas realizadas, formando unha escultura, mentras cantabamos a canción "No mundo".

 

     Para rematar, o 31 de xaneiro recibimos a visita dalgúns membros da ONG "Mayo Rey", que impartiron unha charla sobre as condicións de vida desta zona do Camerún e a construción de pozos solidarios. Fíxoselles entrega da aportación recadada polo cole na Tómbola Solidaria realizada no Nadal.

"Cando o poder do amor sexa máis grande que o amor ao poder, o mundo coñecerá a Paz". Jimi Hendrix.