try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

2010-2011

REFRÁNS DE INVERNO RECOMPILADOS POLO ALUMNADO DO 2º CICLO.

 
Decembro nevado, para o trigo bo ano. Polo Nadal, frío cordial.
   
 Por xaneiro, vale máis unha gorra que un sombreiro.
 Por Santa Lucía, comenza o día.
 
 
 Febreiro, xeada na leira e cachopa na lareira.
 Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
   
 Febreiriño curto, cos seus días vinteoito, se dura máis catro, non queda can nin gato.
 Frío no inverno e calor no verán, isto si que é sán.
   
 No mes de xaneiro cos pés no braseiro.
 En xaneiro cásate compañeiro e da voltas ao galiñeiro.
   
 Polo San Blas, unha hora máis.
Se a Candelaria chora, inverno fóra.
   
 Se no xaneiro ves os campos verdegar, bótate a chorar e se os ves tetrexar, bótate a bailar.
 En decembro descansa e en febreiro traballa.
 
 Polo San Amaro, trompos ao faiado.
 Verás xaneiro xeado, se Nadal foi mollado.
   
 O sol de xaneiro non ten compañeiro.
 En xaneiro vive o home a carón do caldeiro.
   
Come máis pan un día de sol de febreiro que os cabalos de todo o reino.
 Do un de xaneiro en diante, o inverno é constante.
   
 Inverno chegar, Nadal preparar.
 A primavera de xaneiro non leva ningún boi ao matadeiro.
     
 Cando as ras cantan en xaneiro, sinal de fame no rueiro.
 Decembro nevoso,  trigo fermoso.

CONTACONTOS: "O señor mago e a folla"

     O venres 25 de marzo Rosana, a mamá de Martín de 4 anos, veu ao cole para presentarnos un fermoso conto titulado "O señor mago e a folla", de Toño Núñez, da editorial Everest.

 

Sorry, flash is not available.

DE NOVO NO ENTROIDO

     Na semana do entroido todos os nenos e nenas de infantil participamos no obradoiro que se organizou na biblioteca facendo garavatas estampando debuxos.

   

     Ademais Tepo foinos dando unha orde cada día, para que viñeramos así de guapos.

   

     Na clase tamén decoramos antifaces para que non nos recoñeceran as nosas familias.

 

     Os nenos e nenas de 4 anos coñecemos un pouco máis aos piratas e o xoves caracterizados, saímos ao patio na busca do tesouro.

   

     Como se nos ía ocorrer a nós que o capitán pirata o escondera debaixo da casiña!!!

     E para rematar, o venres 4 de marzo, disfrazámonos para o desfile e repuxemos forzas coa chocolatada da ANPA...

   

...para logo bailar e bailar ata fartar.

CONTACONTOS: "La Sirenita"

     O venres 18 de febreiro Celia, a nai de Lara de 5 anos, veu a narrarnos o conto "La Sirenita", aproveitando que no cole estamos traballando a auga.

 

Sorry, flash is not available.

UNHA SEMANA TROULEIRA

    Un ano máis, o Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, celebramos a festa do entroido cunha serie de actividades.

 

     Ao longo de toda a semana Tepo, a mascota da nosa biblioteca, como xa fixera o curso pasado, foi dando ordes para vir cada día con algo diferente:

  • Luns: Se os pelos non queres mollar, gorro de auga traerás.
  • Martes: Para os charcos pisar, botas de auga porás.
  • Mércores: O que ti queiras farás, pero cunha esponxa aparecerás.
  • Xoves: Unha garavata farás, e mañá a lucirás.

     Durante os recreos confeccionamos garavatas decoradas con motivos de auga.

   

     Seguindo co proxecto de coñecer o entroido galego, este ano buscamos o máis longo: o entroido de Xinzo de Limia.

 

     Como actividade voluntaria, podiamos recoller unha plantilla na biblioteca e inventar coplas divertidas.


     Para rematar, o venres a partires das 11:30, desfilamos con moita soltura amosando os nosos modelos inspirados na temática da auga, proxecto que estamos a traballar este curso.

     Queredes ver unha morea de piratas, pingas de auga, nubes, sereas, peixiños, bombeiros, mariñeiros, etc.? Premede na galería de imaxes para ver estas fotos.

     A continuación, no pavillón, a ANPA ofreceunos a súa tradicional chocolatada que acompañamos cos doces típicos destas datas que aportaron as nosas familias.

 


     Finalmente movemos un pouco o esqueleto no baile da biblioteca.     

ESTAMOS NO PARQUE DA CANUDA

     O venres, 25 de febreiro o alumnado de infantil e 1º ciclo fixemos unha saída ata o Parque da Canuda, en Salvaterra do Miño.

  

     Xogamos no parque.

    

 

 

  

 

     Buscamos diferentes especies de plantas medicinais, observamos os animais que alí se atopaban e os aparellos de labranza.

 

 

     A continuación vimos un video sobre os peixes que viven no río Miño.

  

     Tamén demos un paseo en barca polo estanque dos patos e dos cisnes.

     

 

 

     A media mañá paramos a repoñer forzas.

   

 

     Unha saída inolvidable!

 

VISITAMOS NATURNOVA E MUSEO LISTE

O  mércores pasado o alumnado de 2º e 3º Ciclo desprazamonos ata Vigo para visitar o Museo Liste e o centro interactivo  de Naturnova.

Subimos a bordo dun "submariño " para dar un paseo virtual polo fondo da ría de Vigo, despois no percorrido polas diferentas salas aprendimos un montón de cousas sobre o espazo e o noso planeta.

No museo  etnográfico Liste estivemos moi atentos a todo o que nos contaban sobre a forma de vida dos nosos avós , tan diferente á actual . Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi "o cadaleito cun esquelete dentro".... a verdade que daba algo de medo.

Regresamos algo cansos , pero resultou unha xornada moi interesante.

           

                                              Naturnova

         

                                             Museo Liste

Diana Gonçalves visita o colexio

      Diana Gonçlaves co alumndo de 5º e 6º de pimaria.

O día 22 de febreiro, estivo no colexio a realizadora galego-portuguesa, Diana Golçalves. Presentounos " Mulleres da raia". un documental que trata dos movementos clandestinos e do contrabando entre a fronteira de España e Portugal.

Recolle testemuños de aquelas mulleres que cruzaban a fronteira con moita frecuencia para mercar e vender productos de primeira necesidade. Eran tempos difíciles e elas tiñan que superar moitos riscos e perigos, pero isto era necesario porque loitaban pola supervivencia da súa familia.

"POLO BEN DESTE MUNDO, SOLIDARIEDADE"

     Esta é a última frase da canción "No mundo" de Luar na Lubre, que escoitamos durante este mes nas entradas e saídas para conmemorar o 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

     Neste tempo realizamos as seguintes actividades:

     O 2º e 3º ciclo traballaron as noticias de prensa relacionadas coa Paz.

     Na clase de plástica decoráronse pombas de madeira usando diferentes técnicas e motivos.

     Buscamos información e datos ralativos á vida no Camerún e, en concreto, da zona de Mayo Rey.    

     O 28 de xaneiro o grupo de 3º foi o encargado de realizar a actividade de contacontos para o resto do alumnado co título "O xigante egoísta".

     Os nenos e nenas do 1º ciclo crearon unha poesía titulada "Quixera ser..." na que expresaron as súas ideas para conseguir un mundo mellor.

     A continuación proxectouse a curtametraxe "O soldadiño de chumbo" que nos achega unha historia de axuda aos demais.

     Coma todos os anos presentouse no proxecto "CompARTE a Paz" a obra que se traballará durante o resto do curso. Nesta ocasión daremos a nosa visión de "As Meninas" de Velázquez.

     Xa no patio colocamos as pombas realizadas, formando unha escultura, mentras cantabamos a canción "No mundo".

 

     Para rematar, o 31 de xaneiro recibimos a visita dalgúns membros da ONG "Mayo Rey", que impartiron unha charla sobre as condicións de vida desta zona do Camerún e a construción de pozos solidarios. Fíxoselles entrega da aportación recadada polo cole na Tómbola Solidaria realizada no Nadal.

"Cando o poder do amor sexa máis grande que o amor ao poder, o mundo coñecerá a Paz". Jimi Hendrix.

O NADAL EN INFANTIL

     Preparámonos para o Nadal decorando o cole. Construímos unha árbore reciclando oveiras que pintamos entre todos.

     

     Logo colgámoslle os adornos que elaboramos na clase.

     Tamén participamos na elaboración de campás, utilizando diferentes técnicas e materiais. 

   

     Co noso personaxe de conto favorito felicitamos ás nosas familias cunha postal. 

 

     Como novidade, este curso, o 21 de decembro desprazámonos ata a Residencia de San Telmo en Tui, onde representamos o festival de Nadal para os anciáns. E ao día seguinte repetímolo no colexio para as nosas familias.

     Comezamos a actuación os de 5 anos coa danza "Paseo en zorra".

 

     A continuación, os grupos de 3 e 4 anos interpretaron a danza "Abre las manitas".

 

     E como peche do festival, chegou a panxoliña "Buscando unha estrela".

   

     Desexámosvos a todos BO NADAL.

Distribuir contido