try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Día Internacional dos Bosques, 21 de marzo

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques, que se celebra o 21 de marzo, Sogama publicou unha actividade co título “A walk in the woods”. Enmárcase na materia de inglés e está orientada ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria.

Con esta actividade, preténdese dar a coñecer as características das árbores, propiedades e tipoloxías, así como as boas prácticas para previr os incendios, destacando a importancia do uso do papel reciclado e os beneficios que traen consigo os bosques para loitar contra o cambio climático.