try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Sobredo recorda aos seus mártires

Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González pagaron coa morte, fai 94 anos, defender o fin dos foros agrarios na comarca

OMonumento aos márties de Sobredo.Guillarei feudalismo pervivía fortemente en Galicia nos primeiros anos do século pasado. Os agricultores estaban obrigados a pagar o foro por cultivar as súas propias terras en diñeiro ou con parte da colleita.

As sociedades agrarias, que xurdiron entón, traballaban por liberarse da carga, unha herdanza da Idade Media, que impedía a rentabilidad da agricultura. Moitos agricultores negábanse a pagar e outros non podían facelo.

O 28 de novembro de 1922, un xuíz e a Garda Civil presentáronse en Sobredo (Guillarei) para embargar os bens dun veciño que non pagou o foro. A chamada de aviso con toque de campás e foguetes reuniu no lugar a unhas 2.000 persoas. A Garda Civil disparou contra os manifestantes, ferindo a vinte persoas e   quedaron mortos no lugar Cándida Rodríguez González, de Pazos de Reis; Joaquín Estévez Bicada, de Soutelo; e Venancio González Romeu, que era presidente do "Sindicato de obreiros e agricultores de Budiño-Salceda".

En 1932 é levantado o monumento aos "Mártires de Sobredo," en homenaxe aos tres falecidos, financiado por suscripción popular e encargado ao escultor vigués Camilo Nogueira Martínez. Con todo, en 1936, tralo golpe de Estado, foi dinamitado.

Foi en1988 cando se reconstruíu a obra artística e desde entón, cada ano, realízanse actos conmemorativos.

Fonte: Faro de Vigo 27/11/16