try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Carlos Casares escritor protagonista no Día das Letras Galegas de 2017

Carlos Casares (Xinzo de Limia, 1941-Nigrán 2002). Mantivo unha estreita amistade con Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro e Gonzalo Torrente Ballester. Deputado no primero Parlamento de Galicia, debutou na literatura en 1967 con Vento ferido e obtivo o seu primeiro gran éxito con Xoguetes para un tempo perdido. No momento de morrer, acababa de rematar a súa derradeira novela: O sol do verán.

Recibiu o Premio de la Critica española e foi finalista do Premio Nacional de Narrativa. Catedrático de Literatura, presidía o Pen Club Galicia e a editorial Galaxia, así como o Consello da Cultura Galega. A súa labor como articulistatamén lle reportou distincións como o Premio Fernández Latorre, en 1993, o Julio Camba, en 1995, e xa a título póstumo o Roberto Blanco Torres.