O alumnado de 5º e 6º de EP desprazouse ata o Club Kayak Tudense, para realizar unha xornada de piragüismo.
Ao chegar ás instalacións, os propios deportistas do club explicáronlles en que consiste esta actividade. A continuación, os alumnos e alumnas montaron nos Kayaks e fundiron as palas na auga do Miño.
Foi unha actividade moi divertida que, coma sempre que se está a pasar ben, se fixo moi curta.
Ninguén quería regresar ao colexio.