try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Malala y Satyarthi, premio Nobel da Paz 2014

Presentámosvos a Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, gañadores do premio Nobel da Paz grazas a súa defensa polos dereitos de todos os nenos e nenas.

 

 

Malala Yousafzai naceu en Pakistán en 1997 e pese a ter só 17 anos é todo un exemplo de muller que loita por conseguir que todos e todas sexamos iguais e teñamos os mesmos dereitos. Co seu lema ''un niño, un profesor, un libro y una pluma pueden cambiar el mundo'' demóstranos que a educación pode acabar con todos os problemas que poden acontecer na sociedade.
  

Kailash Satyarthi naceu na India en 1954 e a súa protesta é en contra da explotación infantil, é dicir, defende que os nenos e nenas deben estar no colexio recibindo unha educación e non traballando nunhas condicións pésimas como acontece en moitos casos.