try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

20 de Novembro: Día Universal do neno

TODOS OS NENOS MENORES DE 18 ANOS TEÑEN DEREITOS SIN DISTINCIÓN DE RAZA, SEXO, RELIXIÓN OU PROCEDENCIA.

O 20 de novembro de 1989, asinouse na ONU a Convención sobre os Dereitos do Neno. Os dereitos da infancia baséanse en catro principios fundamentais:

  • A non discriminación: todos os nenos teñen os mesmos dereitos.
  • O interese superior do neno: calquera decisión, lei, ou política que poida afectar á infancia ten que ter en conta que é o mellor para o neno. 
  • O dereito á vida, a supervivencia e o desenvolvemento: todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir e a ter un desenvolvemento adecuado. 
  • A participación: os menores de idade teñen dereito a ser consultados sobre as situacións que lles afecten e a que as súas opinións sexan tidas en conta.