try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

A revolución entre pedales das mulleres de Arabia Saudí: Unha cuestión de igualdade

Sabedes que, Arabia Saudita é o único país en todo o mundo que prohibe ás mulleres poñerse aos mandos dun volante. Algunhas sauditas, ademais de ser detidas, perderon os seus traballos por desafiar a prohibición de conducir "Estas mulleres convertéronse nun símbolo da loita contra a discriminación en Arabia Saudita", Pero por si isto non fóra dabondo, as mulleres sauditas necesitan a aprobación dun familiar masculino para cousas tan elementais como viaxar, conseguir un traballo, abrir unha conta bancaria ou ter acceso a asistencia sanitaria.