try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Exposición de fotografía na Área Panorámica de Tui

Exposición sobre a arquitectura da auga en Rebordáns e Ribadelouro

     

Coa exposición sobre a arquitectura da auga en Rebordáns e Ribadelouro abren as xornadas europeas de patrimonio na eurocidade de Tui-Valença.

A Eurocidade Tui-Valença súmase ás celebración que se realizan en máis de trinta países de Europa para a difusión do noso patrimonio agrupadas ao abeiro do nome de “Xornadas Europeas de Patrimonio”. Neste ano 2012 a temática escollida en España é “Paisaxe e arquitectura tradicional” namentres que en Portugal é “O futuro da memoria”;

A exposición “Arquitectura tradicional da auga en Rebordáns e Ribadelouro” inagurada o 27 de setembro, recolle as fotografías realizadas polo alumnado do CEIP Rebordáns no ámbito dun proxecto de investigación realizado ao longo do curso escolar 2010-2011.

As fotografías son unha mostra da arquitectura tradicional relacionada coa auga nas parroquias tudenses de Rebordáns e Ribadelouro e que posúe un doble valor ao estar realizadas polos alumnos do CEIP de Rebordáns e tamén por recoller as testemuñas gráficas fun patrimonio etnográfico de grande valor cultural conservado neste ámbito territorial.

Esta exposición está aberta ao público no Anexo Sala Municipal de Exposicións (Edificio Área Panorámica) ata o día 20 de outubro.