Skip to Content

Aliméntate ben

Hora da merenda nas aulas de Infantil.

Despois de traballar nas aulas a importancia de cumprir cunha boa rutina de hixiene á hora de alimentarnos, achegámosvos uns vídeos nos que tomamos conta do proceso.

Aquí podedes ver como os nenos e nenas de 4 e 5 anos aprenderon a lavar ben as súas mans: palma, dorso, dedos e unllas a remollo!

E, coas mans ben limpiñas, chega a hora da merenda. Os MARTES, contando coa colaboración das familias e cumprindo co calendario de merendas entregado na reunión inicial, todo o alumnado de Infantil trae unha saborosa peza de FROITA para repor enerxías. 

Aquí podedes ver aos nenos e nenas de 3 e 4 anos contándonos que froita trouxeron:


 

 

PLAN PROXECTA: Hixiene persoal e alimentaria.

 

E xa que isto vai de alimentación e vida saudable, teremos que comezar polo primeiro paso: A HIXIENE

 

Sabemos que é moi importante manter uns correctos hábitos de hixiene, tanto cos propios alimentos, como coas nosas propias mans para que xermes e bacterias non teñan acceso ao noso corpo e evitar así a aparición de enfermidades ou intoxicacións. 

Por iso, no inicio deste proxecto tentaremos dende as aulas facer fincapé na importancia do lavado de mans e no mellor xeito de facelo. E vós, sabedes lavar ben as mans? 

Aquí vos deixamos uns vídeos ao respecto:

  

 Por qué debemos lavar as mans antes de comer?

  

 

Todo se aprende mellor coa axuda dunha canción!

 

  

E se, ademais, lle poñemos un pouco de humor... mellor que mellor! Que nos dicides desta oda aos MICROBIOS?

 

Programa Aliméntate ben.

Temos boas novas para todos e todas! Hai uns días confirmáronnos a aprobación do noso proxecto para participar no programa de Froitas que a Consellería de Educación concede cada ano a uns 80 coles da nosa comunidade. O nome do programa pode darvos pistas de por onde irán os tiros: ALIMÉNTATE BEN.

Os obxectivos deste programa pasan por fomentar entre o alumnado e as súas familias uns hábitos de vida saudables, facendo especial fincapé na importancia de coidar as nosas merendas e de aumentar a inxesta de froitas, tan importantes na nutrición infantil.

Ao longo do curso iremos traballando diferentes aspectos relacionados con este tema e este será o espazo que empregaremos para poder compartir convosco os nosos traballos. 

Os nosos obxectivos? Comezaremos por descubrir os hábitos alimenticios do alumnado, investigaremos arredor das recomendacións nutricionais, tentaremos integrar nas nosas merendas alimentos máis saudables... Permanecede atentos e atentas a esta sección para coñecer tódalas novas! Seguro serán do voso interese Guiño


Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut