Skip to Content

Aliméntate ben

Gañadores do reto Aliméntate Ben! Semana 6

E a cousa ponse interesante mozos e mozas. A semana pasada parece que o equipo de 6ºA se puxo as pilas e logrou acadar o empate co equipo de 5ºB.

Só queda unha semana para coñecer aos gañadores e gañadoras do reto saudable e o marcador está que ferve...

Quen gañará o gran premio final??? Pronto o saberemos... De momento, MOITOS PARABÉNS AO EQUIPO GAÑADOR DESTA PASADA SEMANA: 6ºA!!!

 

Accede ao álbum de gañadores e gañadoras AQUÍ.

Gañadores do reto Aliméntate Ben! Semana 5

Voltamos co reto das merendas saudables!

Aínda non coñecedes aos gañadores e gañadoras da semana pasada??? Pois deámoslle a noraboa ao alumnado de 5ºB por ter acadado a súa segunda medalla!

Deste xeito, chegamos a un empate, pois o equipo de 6ºA está tamén en posesión de dúas condecoracións. Parece que o reto se pon interesante... especialmente sabendo que só nos quedan dúas oportunidades de gañar un novo tanto! Abril será o último mes de concurso, e algunhas mestras do cole xa están a preparar o gran premio final (que será, será...?)

Ánimo a todos e todas nesta recta final, moita sorte!!!Risa

ENLACE AO ÁLBUM DE AULAS GAÑADORAS

Reparto de froita- Día 10: mazá golden

E, con moita mágoa, chegamos ao final destes froiteiros días! Hoxe os nenos e nenas de 6ºB realizaron o último reparto da tempada, moitas gracias a todos e todas! Despedímonos cunha ración de mazá golden e con moitísimas ganas de repetir o ano próximo, apetécevos? Guiño

Reparto da froita- Día 9: clementina

 

Hoxe os nenos e nenas de trouxéronnos unhas caixiñas cheas de... clementinas!

 

Reparto da froita- Día 8: amorodos

Hoxe voltamos degustar unha das froitas preferidas no cole! Nesta ocasión, grazas aos nenos e nenas de 5ºB chegaron ás aulas os apreciados amorodos.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut