Skip to Content

Educ. Infantil, 4º, 5º, 6º

Degustamos froitos de outono en Infantil.

Xa vos ensinamos as froitas que os martes traemos ao cole para a merenda, pero, sabedes que? Esas non foron as únicas que probamos! Alá polo mes de novembro, as mestras de Infantil agasalláronnos cunha saborosa sorpresa. 

Na aula de 5 anos recibimos unha carta do Señor Outono e unha cesta ateigada de froitos -algúns máis coñecidos que outros- e o mesmo aconteceu na aula de 4 anos, onde, ademais, nos atrevemos a exprimir un pouco de zume de laranxa. 

Queredes velo?

Aquí tedes os enlaces para acceder aos álbumes de 4 anos (clicade nos títulos para ver as fotos):

 

Degustación de froitos de outono.

 

Elaboración de zume de laranxa.

 

E aquí o vídeo do acontecido na aula de 5 anos:

Hora da merenda nas aulas de Infantil.

Despois de traballar nas aulas a importancia de cumprir cunha boa rutina de hixiene á hora de alimentarnos, achegámosvos uns vídeos nos que tomamos conta do proceso.

Aquí podedes ver como os nenos e nenas de 4 e 5 anos aprenderon a lavar ben as súas mans: palma, dorso, dedos e unllas a remollo!

E, coas mans ben limpiñas, chega a hora da merenda. Os MARTES, contando coa colaboración das familias e cumprindo co calendario de merendas entregado na reunión inicial, todo o alumnado de Infantil trae unha saborosa peza de FROITA para repor enerxías. 

Aquí podedes ver aos nenos e nenas de 3 e 4 anos contándonos que froita trouxeron:


 

 

Van Gogh na aula de 4 anos.

Coñecedes ao  gran pintor VAN GOGH? Pasade pola nosa aula e aprenderedes moitas cousas. 

 

Visítanos no noso blogue!

Visita a revista dixital TOC TOC Beade para saber o que acontece nas aulas de Infantil. Podes acceder directamente á nosa sección facendo clic na imaxe:

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut