Skip to Content

Degustamos froitos de outono en Infantil.

Xa vos ensinamos as froitas que os martes traemos ao cole para a merenda, pero, sabedes que? Esas non foron as únicas que probamos! Alá polo mes de novembro, as mestras de Infantil agasalláronnos cunha saborosa sorpresa. 

Na aula de 5 anos recibimos unha carta do Señor Outono e unha cesta ateigada de froitos -algúns máis coñecidos que outros- e o mesmo aconteceu na aula de 4 anos, onde, ademais, nos atrevemos a exprimir un pouco de zume de laranxa. 

Queredes velo?

Aquí tedes os enlaces para acceder aos álbumes de 4 anos (clicade nos títulos para ver as fotos):

 

Degustación de froitos de outono.

 

Elaboración de zume de laranxa.

 

E aquí o vídeo do acontecido na aula de 5 anos:



Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

book | by Dr. Radut