Queridos nenos e nenas, pais e nais, mestres e mestras:
En primeiro lugar, queriamos darvos as grazas pola vosa participación e colaboración na celebración do SAMAÍN 2011. Dicir, que sen a vosa aportación este evento non sería posible.
Tamén aproveitamos para dar as grazas ao xurado (Xurxo, Adela, Lois e Raúl) que se encargou de escoller os tres traballos, que ao seu xuizo pareceulles mellores, sabendo do esforzo que fixeron os demais.
Aquí están os gañadores deste Concurso:
1º. Samaín Park. Iván del Río.
2º. Parella de Noivos. Adela, Raquel, Violeta e Víctor.
3º. Cabaza Atleta. Uxía.