Reciclamos
A importancia de reciclar
O alumnado de 2º empezamos o curso pasado a reciclar o papel que sobraba na aula, deste xeito conseguimos salvar a algunhas das nosas árbores de acabar nunha celulosa.
Neste curso, despois de ver como o cambio climático está presente no noso planeta, e estando informados das consecuencias que a contaminación por plásticos provoca nos nosos mares, fixemos un mural para concienciarnos do desastre que trae as toneladas de plásticos que nos rodean.
Sabedores deste grave problema, empezamos a reciclar o plástico que traemos nas nosas merendas.
Se todos facemos un pequeño esforzo, poderemos conseguir un mundo mellor.