Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

2º Educación primaria

GRUPOS INTERACTIVOS MES DE ABRIL

Neste mes de abril continuamos a realizar grupos interactivos, proposta que nos permite achegar ás familias ao día a día da escola.

En "Mar de palabras" traballamos a expresión oral a través do xogo Concept Kids Animals, seguimos afianzando a ortografía empregando a ruleta e escribindo as palabras que nos tocaban na pizarriña e tamén reforzamos pasado-presente-futuro. Para isto empregamos dous dados, o primeiro decíanos o tempo verbal no que tiñamos que compoñer a frase e o segundo dábanos unha pista sobre a acción sobre a que tiñamos que facer a frase. 

 

 

En "Mates en familia" adentrámonos nas mulitiplicacións, fixémolo a través do xogo de mesa 3 x 4 zas e tamén xogando ao bingo da multiplicación. Reforzamos ademais un pouquiño os euros: buscamos diferentes formas de compoñer unha mesma cantidade. 

 

Grazas familias por este tempo compartido. 

MATES EN FAMILIA

O pasado venres levamos a cabo a actividade de grupos interactivos na aula de 2º de Educación Primaria, esta vez tocoulle ás matemáticas. 

Realizamos tres estacións, por unha banda, traballamos a descomposición de números con casiñas, non foi nada doado, temos que seguir practicando! 

Por outra como estamos a voltas co sistema monetario, fixemos duas actividades relacioanadas cos euros. Nunha tiñamos que contar moedas e billetes e ver si era correcta unha cantidade dada e noutra tiñamos que buscar os cartos necesarios para mercar unha variedade de cousas. 

Grazas esta vez a Cora, Estefanía e Silvia por vir á aula!

CONTOS DE BOCA

O pasado luns na hora de ler tivemos a visita de Cora a cal nos agasallou un conto de boca que non coñecíamos, a lenda de Pena Molexa. 

Encantounos e aprendemos sobre unha figura da mitoloxía galega que non coñecíamos: as mouras.

MAR DE PALABRAS

O pasado venres a primeira hora volvimos ter na aula de 2º de Educación Primaria a actividade de grupos interactivos. 

Esta vez a sesión foi adicada a lingua castelá e contamos con Silvia Reyes e con Óscar. 

Silvia dinamizou unha actividade que consistía en clasificar palabras entre primitivas e derivadas. Nestas palabras había unhas cantas que non coñecíamos polo que tamén traballamos vocabulario. Con Silvia reforzamos a ortografía xa que aínda se nos resiste un pouco e con Óscar clasificamos diferentes palabras en campos semánticos: xoguetes, comidas... 

Grazas familias por facer posible esta actividade un venres máis. 

MAR DE PALABRAS

O pasado 2 de febreiro continuamos coa sesión semanal de grupos interactivos na aula de 2º de Educación Primaria. 

Esta vez acompañounos Jesús co que repasamos o xénero e o número das palabras, Cora que nos axudou a facer frases tan longas como puntos obtiñamos nos dados e Estefania coa que fixemos uns cadernillos de comprensión lectora que foron todo un éxito sendo a proposta máis valorada da sesión. 

Grazas familias por estes momentos compartidos. 

 

COMEZAMOS CON MATES EN FAMILIA

O pasado venres na aula de 2º de Educación Primaria comezamos coa actividade de grupos interactivos. 

Nesta ocasión acompañáronnos Marisa, Montse e Néstor e aproveitamos para afianzar conceptos sobre xeometría que viñemos traballando nas últimas semanas. 

Por unha banda Marisa, acompañounos no debuxo de simetrías empregando a tablet, por outra con Montse diferenciamos figuras simétricas daquelas que non o son e con Néstor resolvemos retos xeométricos empregando o robot DOC. 

Ao final da sesión fixemos unha pequena avaliación da actividade: cal foi máis fácil? cal foi a máis díficil? cal vos gustou máis?...

Houbo opinións moi diversas mais todos e todas estiveron dacordo en que lles encantou ter ás familias na aula. O vindeiro venres máis!

Grazas familias por facer posible esta actividade!

 

CONTOS DE BOCA

 

O pasado día 15, Carla volveu a nosa aula a contarnos outro conto moi moi especial: O mago de Oz. Fascinounos esta versión pop-up que logo nos deixou mirar e tocar con moito detemento. 

Estamos desexando que volvas! 

 

UNHA VISITA DO MÁIS ESPECIAL

O pasado xoves 21 de decembro logo de realizar diversos obradoiros de Nadal coas familias e de celebrar as badaladas, tivemos unha visita moi moi especial. 

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

Despois deste trimestre de adaptación, de novos comezos, de moito traballo e de ir collendo ritmo, deixámosvos varias imaxes dalgúns dos momentos favoritos dos nenos e nenas de 2º na aula: sesións adicadas a estacións de aprendizaxe.

Mais… Que quere dicir isto? Como nos organizamos? Por que o facemos?

Partimos dunha concepción pechada e entendémolas como un circuito con diversas actividades polas que todo o alumnado ten que pasar e realizar. Estas propostas son previamente deseñadas atendendo ao grupo-clase.

Dependendo dos aspectos que queiramos traballar en ocasións plantéxanse todas as actividades para que o alumnado as realice de xeito autónomo cando pretendemos, por exemplo, reforzar contidos xa vistos estando a mestra de apoio co alumnado que o precise en calquera estación. Noutras ocasións planifícase para que todas as propostas sexan autónomas agás unha na que sempre está a mestra por diversos motivos: tarefas de creación de textos que requiren dunha atención máis individualizada, contidos especialmente difíciles, presentación de contidos novos…

Que vantaxes ten a súa aplicación?

-Atendemos á diversidade do grupo-clase.

-Promovemos o “aprender a aprender”.

-Permítenos traballar cun equipo mentres o resto do alumnado traballa de forma autónoma.

CONTOS DE BOCA

O pasado luns recibimos a visita de Carla, unha amiga da familia de Xiana. Estabamos moi emocionadas e emocionados xa que foi o primeiro "Contos de Boca" do curso!

Carla contounos a historia do "Mago de Oz" axudandose para iso dun espectacular libro pop up que nos fascinou! En canto acabou, todas e todos queríamos velo máis de cerca e adicamos un ratiño a gozar das ilustracións e das diferentes solapas. 

Prometeu volver no vindeiro trimestre. Esperámoste! 

Distribuir contido