Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

Despois deste trimestre de adaptación, de novos comezos, de moito traballo e de ir collendo ritmo, deixámosvos varias imaxes dalgúns dos momentos favoritos dos nenos e nenas de 2º na aula: sesións adicadas a estacións de aprendizaxe.

Mais… Que quere dicir isto? Como nos organizamos? Por que o facemos?

Partimos dunha concepción pechada e entendémolas como un circuito con diversas actividades polas que todo o alumnado ten que pasar e realizar. Estas propostas son previamente deseñadas atendendo ao grupo-clase.

Dependendo dos aspectos que queiramos traballar en ocasións plantéxanse todas as actividades para que o alumnado as realice de xeito autónomo cando pretendemos, por exemplo, reforzar contidos xa vistos estando a mestra de apoio co alumnado que o precise en calquera estación. Noutras ocasións planifícase para que todas as propostas sexan autónomas agás unha na que sempre está a mestra por diversos motivos: tarefas de creación de textos que requiren dunha atención máis individualizada, contidos especialmente difíciles, presentación de contidos novos…

Que vantaxes ten a súa aplicación?

-Atendemos á diversidade do grupo-clase.

-Promovemos o “aprender a aprender”.

-Permítenos traballar cun equipo mentres o resto do alumnado traballa de forma autónoma.