Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

2º Educación primaria

VOLTAMOS Á ESCOLA!

Voltamos á escola: dinámicas de cohesión, consensuamos normas e asinámolas comprometéndonos a cumprilas, xogamos un pouquiño e tamén xa imos collendo ritmo! 

CONTOS DE BOCA: O TRAXE NOVO DO EMPERADOR

O pasado 22 de maio recibimos a visita de Juana, nai de Roque, que veu a nosa aula a contarnos o conto: “O traxe novo do emperador”, encantounos e permitunos reflexionar sobre o feito de que en ocasións non ten porqué ser verdade o que todo o mundo di.

Aínda que foi ela quen narrou o conto tamén nos trouxo o libro físico e unha vez contado parámonos un anaquiño a ver as ilustracións que estaban feitas polo noso veciño, Leandro Lamas!

Encantounos terte na aula Xoana! Grazas por acompañarnos neste día e por adicarnos o teu tempo!

PECHAMOS A ACTIVIDADE DE GRUPOS INTERACTIVOS

O último mates en familia foi dobremente especial, por unha banda tivemos a visita de mestras do CEIP Plurilingüe Camiño Inglés que viñeron o pasado xoves 25 de maio a pasar a mañá ao noso centro dentro do programa de innovación de Observa-Acción no que estamos inmersas e por outra porque anteriormente a esta sesión fixemos unha reflexión das diferentes propostas de grupos interactivos do curso e foron os nenos e nenas os que decidiron cales deles querían repetir dentro desta última sesión. 

Traballamos coas pirámides de cálculo mental, coloreamos unha mandala seguindo un código de cores repasando a táboa do 5, xogamos aos 10 porquiños e construimos diferentes figuras co tangram con propostas de diferente complexidade.

GRAZAS familias, grazas por compartir o voso tempo, pola vosa axuda, a precisposición, os sorrisos, o bo facer e permitir que poidamos realizar este tipo de actividades que unen aínda máis se cabe familia-escola. 

INFINITAS GRAZAS!

GRUPOS INTERACTIVOS MAIO

Ao longo de todo o mes de maio seguimos a realizar na aula a actividade de grupos interactivos.

En mates en familia, traballamos as multiplicacións, fixémolo a través da súa construción empregando tanto oveiras con pedras preciosas como policubos. Non deixamos de lado a descomposición que  traballamos a través das casiñas da descomposición nin o calculo mental para o que empregamos o xogo de mesa ¡MÍA!

En mar de palabras seguimos a reforzar a ortografía, tanto za, ce, ci, zo, zu como o b e v, empregamos para isto os roscos de ortografía e a oca, tamén repasamos as frases interrogativas e exclamativas. Houbo un oco para o xogo: aforcado, Slpazi e Palabrea. Tamén xogamos ao tutti fruti co que repasamos os diferentes tipos de palabras: nomes propios, nomes comúns… 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS MES DE ABRIL

Despois das vacacións de Semana Santa imos retomando o traballo e ao longo deste mes de abril tivemos dúas sesións de grupos interactivos.

En Mar de Palabras, xogamos por parellas a “Carrera de Letras”, no cal tiñamos que evocar palabras atendendo ao que nos indicaba unha carta dada, por exemplo: algo que teñen os piratas, unha prenda de roupa, algo duro… Traballamos así a sonciencia semántica, o léxico, a toma de decisións…

Noutra estación xogamos ao “TIC TAC BOOM”, neste xogo tiñamos que pensar palabras que empecen ou rematen por determinado fonema, dependendo do que nos tocara na carta correspondente. Tiñamos que facelo moooooi rápido antes de que estoupara a bomba nas nosas mans. Tamén practicamos a lectura en galego co xogo de Brazolinda “Noite de Meigallo” facéndonos adiviñas os uns aos outros e formamos palabras compostas a partir de palabras simples.

 En Mates en familia, por unha banda traballamos con unidades de medida non convencionais- palmo, paso, pé- e convencionais-centímetro e metro-, medimos diferentes elementos da aula así como aos compañeiros e compañeiras de equipo. Tamén reflexionamos sobre a mellor unidade de medida a empegar para medir diferentes obxectos: como medirías unha goma, usando o centímetro ou o metro? E un edificio?

Houbo un ratiño para mellorar a coordinación visomotora e as nocións espaciais a través do tangram e tamén de dar un pasiño máis nos euros facendo diferentes combinacións de moedas e billetes para unha cantidade dada.

 

 

Grazas as fantásticas familias que nos acompañan compartindo aprendizaxes e momentos!

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE E ABX

As estacións de aprendizaxe son unha das metodoloxías máis utilizadas en 2º de Primaria.

Mais… Que quere dicir isto? Como nos organizamos? Por que o facemos?

Partimos dunha concepción pechada e entendémolas como un circuito con diversas actividades polas que todo o alumnado ten que pasar e realizar. Estas propostas son previamente deseñadas atendendo ao grupo-clase.

Xeralmente cando as realizamos na aula empregamos 2 sesións, sendo a duración de cada actividade duns 20 minutos aproximadamente aínda que é certo que tamén hai ocasións nas que se plantexan para unha sesión de clase soamente e deste xeito as actividades son curtiñas cunha duración de 8 minutos.

Dependendo dos aspectos que queiramos traballar en ocasións plantéxanse todas as actividades para que o alumnado as realice de xeito autónomo cando pretendemos, por exemplo, reforzar contidos xa vistos estando a mestra de apoio co alumnado que o precise en calquera estación. Noutras ocasións planifícase para que todas as propostas sexan autónomas agás unha na que sempre está a mestra por diversos motivos: tarefas de creación de textos que requiren dunha atención máis individualizada, contidos especialmente difíciles, presentación de contidos novos…

Que vantaxes ten a súa aplicación?

-Atendemos á diversidade do grupo-clase.

-Promovemos o “aprender a aprender”.

-Permítenos traballar cun equipo mentres o resto do alumnado traballa de forma autónoma.

Que actividades se propoñen nas estacións?

As actividades son variadas, mais convén reparar en que na maior parte das ocasións, nunha estación sempre atopamos un xogo de mesa,  pensado especialmente para o traballo dun determinado contido curricular. E é que a aprendizaxe baseada no xogo é otra metodoloxías fundamentais na nosa aula. O xogo ten numerosos beneficios: suscita motivación por parte do alumnado, traballa diferentes funcións executivas precisas nas aprendixaxes…

“Un cerebro que xoga é un cerebro que aprende”

Deixámosvos unha mostra gráfica dalgunhas das propostas levadas a cabo ao longo de todo o curso.

 

CONTOS DE BOCA: O cociñeiro Martiño

O pasado luns recibimos unha visita moi especial, Sonia a nai de Paula acudiu na hora de ler a contarnos o conto "O cociñeiro Martiño".

O día acompañounos e puidemos facer esta lectura fóra polo que aínda se cabe gozamos un pouquiño máis desta actividade.

 Grazas Sonia por regalarnos o teu tempo!

PECHE DE TRIMESTRE

O pasado 31 de marzo despedimos o trimestre por todo o alto.

Comezamos a mañá gozando dunha sesión de xogos de mesa en familia organizada por Brazolinda en colaboración co equipo de biblioteca do cole.

-Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Estes axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento a través das matemáticas, de adiviñas, de agudeza visual… -

Despois tivo lugar a entrega de premios do I torneo de Xadrez, os nenos e nenas de 2º que participaron recolleron moi orgullosos e orgullosas o seu diploma. Parabéns a todos e todas e, por suposto, ao noso master que recibiu un premio especial.

 

 Logo na clase fixemos uns pequenos obradoiros libres relacionados con estas datas: pintado de ovos, cosido de figuras, pyslas… e como non, tamén houbo quen despois do éxito do xadrez quixo aprender a xogar.

Volvemos coas pilas cargadas para a recta final!

BINGO!

En ciencias sociais, neste trimestre traballamos sobre a nosa localidade e sobre os sectores económicos da mesma, tamén incidimos nas normas que tiñamos que cumplir para unha convivenca pacífica. Detro destas normas aprendemos diferentes sinais de educación vial, para facer un pequeno repaso das mesmas xogamos un bingo!

POEMAS DE CORDEL

O pasado 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía, fixémolo enchendo Fene de versos que penduramos a modo de prendas de roupa en diferentes tendais que estaban previamente xa colocados na Avenida Tarrio, na Praza do Concello e na Praza Verde.

Para ter todo listo para ese día, nos días anteriores, estivemos lendo diferentes fragmentos de poemas, traballando a rima… e como este ano o noso proxecto de centro está relacionado co xogo escollimos un poema de Manuel María “O xogo” para copiar e ilustrar.

Xa o propio día 21 ás 9 da mañá dirixímonos á Praza Verde ben acompañados e acompañadas cos compañeiros e compañeiras de 6º de EI e de 1º para colocalos e que todas as persoas de Fene puideran gozar das nosas creacións ao longo do día.

 

 

Distribuir contido