Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

2º Educación primaria

POP ART

Os nenos e nenas de segundo están a traballar este trimestre artistas relacionados co POP ART!

Comezamos con Roy Litchtenstein e o seu cadro "Sunset". Mirade como lles quedou:

A BOLBORETA DA AMIZADE

Venres 10 de febreiro do 2017.

Hoxe na clase de plástica os nenos e nenas de segundo fixemos

“A bolboreta da amizade”.

Cada un decorou a súa , despois as profes metéronnas nunha bolsa e collimos unha para cada un… Todos adiviñamos de quen era a que nos tocou.

Tiñámola que levar para casa con moito coidado pois a bolboreta da amizade non se podía desfacer.

 

     

 

CHARLA FAMILIAR

O venres  tivo o alumnado de 2º de E.P. unha visita moi familiar. A nai dunha nena veu darnos unha charla sobre os ósos , os músculos e as articulacións, tema que estamos traballando en ciencias da Natureza.

Aprendimos a sentarnos … porque tiñamos un fío que tiraba da nosa cabeza hacia arriba.

Tamén a lembrar cal é o radio … e para iso poñíamos a antena, lembrades?

Pasámolo moi ben e foi unha charla moi enriquecedora.

Grazas Maite!

     

     

          

 

 

Distribuir contido