Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades do centro

Talleres e badaladas de Nadal en Centieiras

Durante a mañá de hoxe tivemos moitas actividades!

Talleres coas familias, xogos, Christmas market, badaladas e ata un invitado moi especial! Aquí vos deixamos os vídeos e fotos dunha mañá que deu moito, moito de si.

Vémonos á volta! Felices festas!

 

CAMIÑO Á FAMA 4º EP

Bo día familias.

Os últimos en amosar as súas dotes artísticas foron as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria.

Vaia nivelazo hai neste centro!!!SorprendidoSorprendidoSorprendido

 

CAMIÑO Á FAMA 5º EP

Bo día familias.

Velaí vai a exhibición do alumnado de 5º de Educación Primaria. Naceron artistas...

BRAVOOOO!!!!

 

 

Gatiza agradécevos a vosa participación!

Gatiza está moi feliz coas vosas recomendacións de libros en galego! Moitísimas grazas por participar traendo as vosas fotos. Mirade que mural tan chulo fixemos entre todas e todos!

 

Gatiza quere que lle recomendedes libros en galego.

Gatiza volve a aparecer pola escola para pedirvos que lle recomendedes lecturas en lingua galega. Para iso, quere que traiades ao cole unha foto vosa co voso libro favorito en galego. Lembrade, que se vexa ben a vosa cara e a portada do libro, e que sexa en galego!

 

 

CAMIÑO Á FAMA 6ºB

Bo día familias.

Nesta ocasión foron as alumnas e os alumnos de 6ºB quenes nos fixeron desfrutar cunha sensacional sesión de baile aderezada cunha pizca de figuras acrobáticas.

DENTRO VÍDEO!!!

 

QUE SON OS AMBIENTES EN CENTIEIRAS?

O pasado día 8 de novembro recibimos no cole a visita de moitas docentes doutros centros educativos da contorna. As mestras de infantil amosaron a este grupo como funcionaban os ambientes no noso centro, presentando unha serie de propostas que se estaban a desenvolver neses días, así como o proceso de creación dos mesmos. 

Foi unha xornada moi especial na que puidemos intercambiar experiencias e amosar un pouco do noso día a día. Resultou moi enriquecedor.

Grazas por vir!

 

 

Magosto e Día do Peón, festa rachada!

O venres día 11 de novembro celebramos na escola o Magosto e o Día do Peón. Foi unha xornada festiva na que desfrutamos moito todos xuntos, alumnado, profesorado e familias, bailando os peóns e degustando castañas asadas e chocolate quente grazas á ANPA que, como sempre, colaborou co centro de xeito totalmente desinteresado. Moitas grazas!

Para rematar a festa, houbo unha repichoca na que participaron alumnado e familias tocando música tradicional galega. Son uns auténticos e auténticas artistas, da xenio escoitalos! Non parabamos de pedirlles outra e outra, así que tocaron moitos bises e, a maioría, aproveitamos para botar uns bailes. Foi unha festa rachada!

 

Foi unha marabilla desfrutar desta festa xuntas e xuntos. Para o ano, repetimos, non?

CAMIÑO Á FAMA 6°A

Presentámosvos a primeira coreografía de CAMIÑO Á FAMA. Iniciativa enfocada cara ao fomento do ocio activo e enmarcada dentro do programa EDUSAUDE. Foron as alumnas e alumnos de 6°A @s encargad@s de dar inicio á actividade.

DÍA DA INFANCIA

COS DEREITOS NON SE XOGA!

O domingo 20 de novembro se celebra o día da infancia polo que o vindeiro luns día 21 de novembro loitaremos polo noso dereito ao descanso, o xogo e a unha alimentación saudable (contamos coa colaboración de Agronuquel: Agricultura ecolóxica en Fene). 

As 11:00h da mañá sairemos cara á a praza do concello reivindicando os nosos dereitos. Para isto, levaremos un coxín cada unha e un de nos e faremos unha performance estética. Sentaremos en cada coxín e estaremos 5 minutos en silencio. 

Estades todas e todos convidados a participar. 

 

 

Distribuir contido