Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades do centro

Os contos máis arrepiantes deste Samaín

Xa tedes aquí dispoñibles os contos máis estarrecedores e creativos esctritos por alumnado do CEIP Plurilingüe de Centieiras con motivo do certame de escritura do Samaín 2023. Todos eran xeniais, pero ata para Gatiza é imposible subilos todos á web, así que vos deixamos esta selección. Desfrutádeos!

 

Gatiza tráenos novos libros en galego para este Samaín!

Para agradecervos a participación e esforzo no certame de debuxos e contos de medo, Gatiza quixo agasallarvos con novos libros en galego relacionados co Samaín. Hai contos, banda deseñada e ata un libro pop up do máis sorprendente. Xa están á vosa disposición na entrada da escola, a que esperades para desfrutar deles?


Gatiza volve ao cole polo Samaín!

Ola, rapazas e rapaces de Centieiras! Xa estamos en outubro e este mes celébrase unha das miñas festas favoritas, o Samaín! Celebrarémolo na escola o día 31 de outubro e, para iso, poderedes vir disfradas e disfrazados ese día ao cole e poderedes traer as vosas cabazas decoradas desde o día anterior, o luns 30 de outubro.

Ademais, aproveito para pedirvos que escribades contos de medo arrepiantes e fagades debuxos de terror para decorar a escola e crear un ambiente terrorificamente divertido!

Conto con vós!

 

INICIAMOS O NOSO PROXECTO!

O pasado venres 6 de outubro inauguramos o noso proxecto documental integrado que pretende traballar e concienciar sobre o coidado do medio ambiente.

Que fixemos para esta ocasión tan especial? Aproveitamos que ese día se levaba a cabo a XII Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA e aproveitamos para limpar a Praia de San Valentín.

Puxémonos en marcha ás 10 e media da mañá e todas xuntas e xuntos fomos camiñando ata alí formando parellas de pequenas e pequenos e maiores.

Unha vez alí, expertas da asociación ADEGA faláronnos un pouquiño sobre aspectos básicos a ter en conta na praia e logo xa nos puxemos mans á obra. Traballamos moito e tamén desfrutamos un pouquiño da área e dos compañeiros e compañeiras.

Ao final, clasificamos a basura atopada e o que máis nos sorprendeu é que había un montón de pauiños de limpar os oídos! En total e aínda que a praia parecía moi moi limpa logramos recoller 25 quilos de lixo!

Unha vez chegamos ao cole,  para rematar este día, fixemos a votación do nome do noso proxecto.

As nenas e nenos escolleron: PEGADAS VERDES!

Non vos esquezades deste nome porque seguro o oiredes moitas veces máis ao longo do curso!

3,2,1 Arrancamos!

Grazas a ADEGA pola axuda e a predisposición e ao Concello de Fene polas luvas e a colaboración en toda a loxística. Da gusto facer escola deste xeito. 

ACTIVIDADE DE VERÁN: REMO!!!

Ola, rapazada! Ola, familias!

Déixovos por eiquí unha información dunha actividade de verán que promove o Clube do Mar de Mugardos.

Desexo que sexa do voso interese.

Moitas apertas... e bo verán!!!

Centifest 2023!

O martes 30 de maio celebramos o Centifest 2023, unha mañá chea de aprendizaxe, risos e xogos, moitos xogos! Cada aula presentou os seus traballos de todo o curso e había unha morea de cousas: xadrez xigante, xogos de feira, xogos do mundo, xogos tradicionais, xogos electrónicos, xogos de mesa... unha marabilla! As familias viñeron ver o noso traballo e algunhas incluso montaron o seu propio tenderete, moitas grazas ♡ Para rematar, familias, nenos e nenas atrvéronse cunha repichoca na que escoitamos e bailamos. Conclusión: pasámolo en grande.

Aquí vos deixamos fotos e vídeo da xornada. Por moitas outras mais!

 

.

CAMIÑO Á FAMA 6ºA e 6ºB

Ola, familias!

Un novo vídeo de Camiño á Fama elaborado polos dous sextos de educación primaria o anterior venres, día 2 de xuño. Desta vez coreografían o tema "Don´t you worry". O derradeiro dos derradeiros pois este ano acaban a súa etapa no Ceip Centieiras. Amizades... a seguir bailando e desfrutando da vidaaaaa! Un pracer enorme!!!

 

VISITA AO CEIP DE ESTEIRO E AO SEU MUSEO DO XOGO E DO XOGUETE

Hoxe as nenas e nenos de educación infantil fomos ao CEIP de Esteiro para que o alumnado de 6º nos amosase o seu museo do xogo e do xoguete e nos fixeran unha demostración de diferentes xogos populares como a rá, o arrastramortos, as carreiras de sacos, o tiro da corda, xogos con cancións como o pase misí, pase misá e moito máis.

Ademais fomos recibidos co seu novo himno que estrearon o pasado venres e que fai referencia ao seu impresionante museo do xogo e do xoguete co que quedamos abraiadas e abraiados: zancos, bonecas, xogos de cordas, buxainas de todo o mundo (incluído Fene)...

Estamos moi agradecidas e agradecidos ás nenas e nenos que hoxe nos explicaron e xogaron con nós e tamén ao profesorado que nos acompañou. Moitísimas grazas por abrirnos as portas do voso cole, estamos desexando volver!

 

CAMIÑO Á FAMA 3º EI

Ola, familias!

Deixámosovos por eiquí un nova coreografía de Camiño á Fama que fixemos este pasado venres (26 de maio de 2023). Desta vez tocoulle aos máis pequerrechos/as do colexio e unha vez máis... ARRASARON!!! Bailaron unha canción de "Uxía Lambona e a Banda Molona".

 

Correlingua 2023

O día 23 de maio o alumnado do centro participou no Correlingua, que consistiu nun paseo desde o peirao de Caranza ata o Auditorio de Ferrol, onde desfrutamos da actuación de Brais da Hortas e Peter Punk, que xuntos forman o grupo As Monchas. Foi un concerto moi divertido, pasámolo xenial bailando e cantando as súas cancións na nosa lingua.

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!

 

 

 

Distribuir contido