Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades do centro

Querido Marcial, botarémoste de menos

Hoxe é o último dia de Marcial, así que con todo o noso cariño lle adicamos esta presentación

 

 

Entroido 2020

Aquí temos as fotos do pasarrúas, das canción e bailes e da degustación dos produtos de Entroido. Pasámolo fenomenal!

 

Entroido 2020

Este ano o tema central do entroido en Centieiras será "O camiño de Santiago".

O venres 21 de febreiro, ás 10:30 sairá o noso pasarrúas dende o cole ata o concello, onde cantaremos e bailaremos unha canción.

Despois, á volta teremos a degustación de produtos de Entroido que prepararon as familias con tanto mimo e esmero.

Todas as familias están convidadas a pasar con nós este día tan divertido e alegre. 

 

Vinde a Centieiras!

 Entroido 2020

 

 

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e desde o Ceip Centieiras quixemos comemoralo dun xeito moi especial, no que a convivencia, a igualdade, o respecto polos demais, a axuda mútua e a amizade estivesen moi presentes.

Por isto, durante a xornada, afillados e padriños participaron xuntos nos distintos talleres ofertados e desfrutaron da grata compaña dos compañeiros e compañeiras do centro ASPANEPS que viñeron á escola celebrar con nós esta data.

 

Talleres, lecturas compartidas, cancións,… non faltou neste día.

 

Distribuir contido