Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades do centro

Os Maios

A semana pasada celebramos a festa dos Maios. Para isto, o alumnado colaborou traendo á escola flores, fiúncho, laranxas, limóns e ovos cos que confeccionar os dous maios, un de Educación Infantil e outro de Primaria.

Xa con todos os materiais preparados, alumnado e profesorado puxéronse mans á obra e traballaron sen descanso ao longo da mañá do xoves día 12 para crear uns preciosos maios cos que desfilar ao día seguinte ata a Praza do Concello de Fene.

 

Ao día seguinte, o venres día 13 de maio, toda a escola participou no desfile. Que guapas e guapos estabamos cos nosos sombreiros de palla adornados con flores e que bonitos quedaron os maios, pero como pesaban! Aínda que, colaborando entre todas e todos, e incluso con axudas das familias, puidemos levalos ata a Praza do Concello.

 

Durante todo o desfile e na praza estivemos moi ben acompañados polas familias do alumnado que por nada do mundo querían perderse esta celebración. E normal, porque alí, os nenos e nenas de Infantil bailaron a muiñeira Felisa vai en coche e fixérono de marabilla, vaia ritmo teñen estes pequerrechos e pequerrechas!

A continuación, o alumnado de Primaria bailou a Muiñeira de Lugo e tamén o fixeron xenial! Que bos bailadores e bailadoras temos en Centieiras!

Tamén fixemos unhas fotos todas xuntas e xuntos que quedaron ben chulas. Mirade, mirade:

E despois, volta ao cole cos maios ao lombo de novo. Estes nenos e nenas de Centieiras son uns forzudos!

Xa na escola, fixemos máis fotos lucindo sorrisos e posando cos maios e, finalmente, merendamos e xogamos no patio desfrutando dun marabilloso día de primavera.

Aquí tedes o vídeo da xornada:

 

 

 

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración e por participar con nós na festa dos Maios.

Xogando co atletismo

A pasada semana o alumnado de Educación primaria participou nunha actividade de deporte e saúde chamada Xogando co atletismo, organizada polo concello de Fene. Ao alumnado de 5º e 6º de primaria tocoulles ir o mércores día 27 de abril ao pavillón do CEIP O Ramo para desfrutar de distintas probas de atletismo con outros centros educativos da contorna. A continuación podedes ver algunhas fotos das rapazas e rapaces de 5º e 6º correndo, saltando e gozando co deporte.

 

AMBIENTE DE NATUREZA:Propostas semanais

Propostas semanais de educación infantil no ambiente de natureza. Conteo, trazo, sumas,crebacabezas, decenas, grapar 5  ou 10 unidades, ensartar, experimentos (vinagre, auga, arroz tiguido,...),policubos, tenda de bloques lóxicos,equilibrio de acrobacias,clasificación por tamaño, arranxos tecnolóxicos,maqueta do aparello respiratorio,etc...

 

AMBIENTE DE NATUREZA:COMETAS DE MAN

XOGO TRADICIONAL DO VENTO E AR:A realización de cometas de man multicor resultou moi atractiva para todo o alumnado de educación infantil, entendendo que a forza do ar e omovemento son as que fan voar as cometas .Desfrutaron dunha xornada con cometas no exterior correndo sen parar para observar o que acontecía.Deste xeito fixemos vixible o que é invisible ,porque o ar non se percibe , nin a brisa suave, tería que ser un forte vento para que nos decatásemos.  Eso sí, nunca perdemos a didáctica das actividades polo que para chegar a súa elaboración tiveron que contar 3, 5 ou 10 tiras e rexistrar por escrito as cores que utilizaron. 

 

ACTIVACIÓN EDUSAÚDE 21-22 3º DE PRIMARIA

 

O alumnado de 3º de Primaria collendo enerxía pola mañá e realizando unha das actividades da activación, recollidas no Blogue de E.F "O Furancho da E.F" e que pertencen o Contrato Programa Edusaúde 21-22. Estes rapaces son xeniais...non si?? Risa

ACTIVACIÓN EDUSAÚDE 21-22 6º DE PRIMARIA

 

O alumnado de 6º nunha das sesións de activación do Contrato Programa Edusaúde Guiño  Que ledicia velos activarse con tanto xeito!!! 

Distribuir contido