Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades do centro

Día do libro

Esta semana celebramos " A semana do libro" e entre moitas actividades realizamos a recreación de diferentes portadas. Aquí vos deixamos as obras de arte que fixeron os nenos e nenas! 

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

Pica na imaxe para ver o video:

 Por outra, o alumnado de 6º elaborou unha exposición sobre "Don Quijote de la Mancha", para iso fixeron unhas infografías para acompañar unha ampla variedade de exemplares do libro. Cómpre agradecer ao concello de Cidade Real a través da súa Concellaría de Cultura que nos envíou unha morea de materiais! Quedou chulísima!
 
 
A maiores, dende biblioteca creativa, elaboramos  diversos escornacontos, pero... que é iso? Trátase dunha secuencia de actividades a realizar con escornabots a partir da lectura e da comprensión dun conto.

Para EI, 1º E 2º, eliximos o fermoso conto "Avós", para 3 º e 4º, "There was an old woman who lived in a shoe", e para 5º e 6º, "Cuando las niñas vuelan alto".

Deixámosvos por aquí algunha foto do alumnado realizando os diferentes retos. 

Día de Rosalía

 

O pasado día 24 de febreiro conmemoramos no centro o "Día de Rosalía". Ao longo da semana traballamos coa magnífica unidade didáctica que elaboraron os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.

Con ela aprendemos sobre a súa biografía e sobre as súas obras. 

Ademais disto, aproveitamos a semana para ler diversos poemas, dos mesmos, escollimos diferentes versos cos que nos fotografamos nun precioso photocall elaborado por Bruno Lopes. Un millón de grazas por un traballo tan fermoso

Con todas as fotos elaboramos o seguinte vídeo. Que vos parece?

 

 

 

 

 

Plan Proxecta: a milla diaria

Este ano temos como obxectivo mellorar o noso benestar físico e emocional. Para elo, comezamos coa actividade "A milla diaria" na que todos os días un, dous ou tres grupos corren ou andan unha distancia proporcional a unha milla nun percorrido polo centro. É súper divertida e toda unha festa! E ademáis coidamos o noso corpo e a nosa mente Guay

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Neste ano tan diferente, elaboramos as nosas recomendacións lectoras de Nadal en formato dixital, aquí as deixamos agardando que gocedes das lecturas.

Día da diversidade

 

 

O pasado día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapadidade. Desde o cole os nenos e as nenas fixeron diferentes actividades: traballaron as emocións, a empatía, elaboraron o seu nome en Braille, visualizaron diversas curtametraxes, recibiron a visita especial de Jose, que lles contou o seu día a día, manexaron os robots sobre un taboleiro para aprender linguaxe de signos e diferentes deportistas paralímpicas...

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos.

 

 

 

Estrea en Youtube da nosa versión de "Quédate en tu casa"

Bo día!!
Aínda que hoxe non saia o sol, en Centieiras estamos igualmente alegres. Atención á estrea do noso vídeo, ás 11:15!!

 

Querido Marcial, botarémoste de menos

Hoxe é o último dia de Marcial, así que con todo o noso cariño lle adicamos esta presentación

 

 

Entroido 2020

Aquí temos as fotos do pasarrúas, das canción e bailes e da degustación dos produtos de Entroido. Pasámolo fenomenal!

 

Distribuir contido