Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades do centro

CIENCIA CON MOITO SENTIDIÑO

Este Luns 29 de Novembro o alumnado de Educación Infantil , 1º , 2º e 3º  de Educación Primaria realizaron diferentes talleres nos que puxeron a traballar todos os seus sentidos. Contamos coa colaboración dos amigos do "Comite de Investigación sobre Sentidoloxía Corporal" cos que desenrolamos os nosos sentidos para poder deste xeito axudar á fauna mariña.  

Velaquí algunhas imaxes dos talleres.

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante esta semana celebramos o Día Internacional Contra a violencia de xénero. Entre algunhas das actividades que fixemos están as propostas pola FANPA Ferrolterra entre elas un flash mob e unhas tarxetas con mensaxes contra a violencia de xénero; tamén traballamos o conto Artur e Clementina e fixemos unhas chapas.

 

 

HAPPY THANKSGIVING

  Happy Thanksgiving!, from Centieiras to all of you. Today we finished our mural, after Macy, our conversation assistant, explained to us how she celebrates it at her home in Tennessee. God job, Macy! 

              

             

       

        

 

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS

Un curso máis o programa de radio "Crónicas de Centieiras" comeza a súa andaina.

Estamos moi emocionados pois, despois dun ano sen poder acudir aos estudos de Radio Fene por mor da pandemia, este curso volvemos gravar alí.

Este primeiro programa foi desenvolvido polo alumnado de 4ºEP que contou coa colabración dos nenos e das nenas de 1ºEP. 

Fíxolles moita ilusión entrar no estudo de gravación, ter diante os micrófonos... Estaban algo nerviosos, pero, aínda así,  fixéronno xenial!!!

Esperamos que vos guste.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS Novembro 2021

Ata o próximo programa!!!

 

O SAMAÍN EN CENTIEIRAS

 

O venres 29 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Foi un día moi entretido, divertido e...pasámolo de medo!!!

 

Tivemos un feixe de actividades, entre elas: decoración das portas das aulas e dos recantos do colexio, exposición de cabazas, merendas terroríficas, fotos arrepiantes no incrible photocall creado polo Anpa do cole, lecturas a escuras, lecturas dos contos de medo dos gañadores, sesións de medo en E.F e visionado de películas de medo.

 

Botade unha ollada ao ben que o pasamos...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día do libro

Esta semana celebramos " A semana do libro" e entre moitas actividades realizamos a recreación de diferentes portadas. Aquí vos deixamos as obras de arte que fixeron os nenos e nenas! 

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

Pica na imaxe para ver o video:

 Por outra, o alumnado de 6º elaborou unha exposición sobre "Don Quijote de la Mancha", para iso fixeron unhas infografías para acompañar unha ampla variedade de exemplares do libro. Cómpre agradecer ao concello de Cidade Real a través da súa Concellaría de Cultura que nos envíou unha morea de materiais! Quedou chulísima!
 
 
A maiores, dende biblioteca creativa, elaboramos  diversos escornacontos, pero... que é iso? Trátase dunha secuencia de actividades a realizar con escornabots a partir da lectura e da comprensión dun conto.

Para EI, 1º E 2º, eliximos o fermoso conto "Avós", para 3 º e 4º, "There was an old woman who lived in a shoe", e para 5º e 6º, "Cuando las niñas vuelan alto".

Deixámosvos por aquí algunha foto do alumnado realizando os diferentes retos. 

Día de Rosalía

 

O pasado día 24 de febreiro conmemoramos no centro o "Día de Rosalía". Ao longo da semana traballamos coa magnífica unidade didáctica que elaboraron os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.

Con ela aprendemos sobre a súa biografía e sobre as súas obras. 

Ademais disto, aproveitamos a semana para ler diversos poemas, dos mesmos, escollimos diferentes versos cos que nos fotografamos nun precioso photocall elaborado por Bruno Lopes. Un millón de grazas por un traballo tan fermoso

Con todas as fotos elaboramos o seguinte vídeo. Que vos parece?

 

 

 

 

 

Distribuir contido