Saltar navegación.
Inicio

CONMEMORACIÓN DO 25-N

O alumnado do centro conmemorou o 25-N coa creación dun manifesto por parte do alumnado de 6º de E.Primaria e coa elaboración de macetas para sementar a NON VIOLENCIA.

Deixámosvos un vídeo para que desfrutedes do noso traballo.

 

GUÍA PARA O PAGO TELEMÁTICO DAS TAXAS DO COMEDOR ESCOLAR

Coa finalidade de axudarlles a realizar a xestión do pago das taxas do comedor escolar de forma telemática, facilitámoslles unha guía cos pasos a seguir á hora de realizar dito procedemento dende a páxina web da Axencia Tributaria Galega.

Esperamos que lles resulte útil.

 

Guía para o pago telemático.

 

Día Internacional dos Dereitos dos Nenos.

O venres 18 de novembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos. Como xa fixemos o curso pasado, o alumnado acudeu ó centro educativo en pixama e levando consigo o seu libro preferido ou un peluche.

Aquí vos deixamos as fotografías dese día!

 

 

Celebración do Magosto.

O pasado 11 de novembro celebrouse no centro educativo o día do Magosto. Deixámosvos un vídeo para compartir con todas e todos vós a ledicia dese día.

Por último, queremos agradecer a implicación da ANPA neste día.

Moitas grazas!

 

Samaín 2022

O noso cole disfrutou do Samaín cunha exposición de cabazas e cunhas sesións de contacontos.

O alumnado dos cursos superiores contaron contos de Samaín aos máis pequenos e a experiencia foi moi bonita.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

(Premede na imaxe para ver o video)

Buli - Receitas mariñeiras

  

 

Aclaracións:

  • As crianzas de Educación Infantil poden participar facendo a receita com debuxos ou recortes de revista con axuda das familias.
  • Non é obrigatorio empregar o modelo dado. Só é un exemplo dos elementos que debe incluír a receita.
  • Lembra que ten que ser en galego!

 

 

 

Cóntanos un conto!

INICIO CURSO 2022 - 2023

INICIO CURSO 2022 - 2023

Estimadas familias:

 

Tendo en conta a evolución do contexto da COVID-19, informámoslles daqueles aspectos máis importantes a ter en conta durante este novo curso 2022-2023:

 

 ENTRADAS E SAÍDAS:

O alumnado usuario do TRANSPORTE ESCOLAR accederá ao centro no momento da chegada do autobús e permanecerá no patio/pavillón (E. Primaria) ou na terraza/porche (E. Infantil) ata o momento do inicio da actividade lectiva.

  - Educación Infantil: entrarán pola cancela automática, accedendo ao centro pola porta destinada a esta etapa.

    - Educación Primaria: entrarán pola cancela pequena e accederán ao patio e pavillón.

 O alumnado entrará só no centro.

Na saída das 14:15 sairán polo mesmo portal que utilizaron para entrar. As familias agardarán sempre fóra do recinto escolar.

 

O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ DA MESMA MANEIRA QUE O PASADO CURSO.

 

HORARIOS DE ENTRADA

- ALUMNADO USUARIO do TRANSPORTE ESCOLAR: No momento da chegado do autobús.

- ALUMNADO E. PRIMARIA: Entre as 09.05 e as 09.15 horas.

- ALUMNADO E. INFANTIL: Entre as 09.10 e as 09.15 horas.

-As familias con dous ou máis fillos/as nas dúas etapas DEBERÁN CHEGAR, PREFERENTEMENTE, NO HORARIO DO MÁIS PEQUENO/A.

 

COMEDOR ESCOLAR

O horario de comedor escolar será o mesmo que o curso anterior.

O alumnado de Educación Infantil comerá na súa propia aula, baixo a supervisión dunha coidadora por grupo.

O alumnado de Educación Primaria comerá na sala do comedor, distribuído en grupo heteroxéneos.

 

HORARIOS DE SAÍDA DO COMEDOR ESCOLAR

As familias que recollan aos seus fillos e fillas no colexio despois do servizo de comedor farano no seguinte horario:

 

CANCELA

AUTOMÁTICA

CANCELA

PEQUENA

15.20

EDUCACIÓN

INFANTIL

+

IRMÁNS EN E.

PRIMARIA

 
15.40  

5º e 6º

E. PRIMARIA

 

Reiteramos a importancia do cumprimento estrito dos horarios anteriores para evitar as aglomeracións e os tempos de espera no momento da saída.

 

INICIO DO CURSO:

XOVES, 8 de setembro.

O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) irase incorporando paulatinamente seguindo o período de adaptación.

Á maior brevidade posible, os distintos niveis de Educación Primaria serán convocados/as ás reunións iniciais de curso.

 

MEDIDAS HIXIÉNICAS A TER EN CONTA:

- Segundo as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 das Consellerías de Educación e Sanidade, as MÁSCARAS serán OBRIGATORIAS UNICAMENTE NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR para todo o alumnado de E. Primaria e altamente recomendables para o alumnado de E. Infantil durante o curso.

Moitas gracias pola vosa colaboración e BO CURSO!!

 

Relación libros de texto 2022/2023

 

RELACIÓN de LIBROS de TEXTO

 

Curso 2022/2023

 

 

Curso

Área

Título, colección, editorial

ISBN

3 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack.

Oxford U. P.

9780194806626

3 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack.

Oxford U. P.

9780194806626

4 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806435

4 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806435

5 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806534

5 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806534

1º E. Prim.

Matemáticas

Comunidad ZOOM, 1 Primaria.

Ed. Vicens Vives

9788468280998

 

Inglés

GO FAR! 1, Student’s Pack.

Ed. Richmond

9788466836531

2º E. Prim.

-

Licencia Snappet INICIO

9788494420535

 

Matemáticas

Proyecto ZOOM, 2 Primaria.

Ed. Vicens Vives

9788468254869

 

Matemáticas

Proyecto ZOOM, PRACTICAMAT 2.

Ed. Vicens Vives

9788468258744

 

Lingua Galega

Tarefas de Competencia Lectora LEQUELÉ.

Ed. Obradoiro-Santillana

9788491851950

 

Inglés

Go! 2, Student’s Pack.

Ed. Richmond

9788466826242

3º E. Prim.

-

Licencia Snappet INICIO

9788494420535

 

Lingua Galega

Lingua 3, Proxecto Tecelingua.

Ed. Xerais

9788411100205

 

Matemáticas

Matemáticas 3, Construyendo Mundos, Mochila Ligera.

Ed. Santillana

9788468071367

 

Inglés

GO FAR! 3, Student’s Pack,

Ed. Richmond

9788466836555

4º E. Prim.

-

Licencia Snappet INICIO

9788494420535

 

Lengua Cast.

Lengua Castellana 4, Saber Hacer.

Ed. Santillana

9788468029566

 

Lingua Galega

Lingua 4, Aprender é crecer en conexión.

Ed. Anaya

9788467880137

 

Matemáticas

Matemáticas 4, Saber Hacer.

Ed. Santillana

9788483056097

 

C. Sociais

Sociais 4, Aula activa.

Ed. Vicens Vives

9788468228983

 

C. da Natureza

Naturais 4, Aula activa.

Ed. Vicens Vives

9788468228433

 

Inglés

Wonder 4, Student’s Pack 4.

Ed. Richmond

9788466817974

 

 

 

Castrillón-Coiro, 15 de xuño de 2022

 

 

IMPORTANTE:

 

Na relación de libros para o alumnado de 2º, 3º e 4º de E. Primariafigura unha Licencia SNAPPET. A librería xestionará este código ISBN como calquera dos outros que figuran na lista. As licencias serán enviadas directamente ao colexio a principios do mes de setembro por Snappet.

 

As familias de de E. PRIMARIA que non resulten beneficiarias no fondo solidario de libros de texto do libro de inglés Wonder 4, NON TEÑEN QUE MERCALO.

 

 

(*) As librarías de Cangas teñen copia da lista dos libros de texto.

 

 

FIN DE CURSO CO ALUMNADO DO JUAN XXIII

Durante a mañá de hoxe e para celebrar o fin deste curso 2021/2022 contamos coa colaboración dos usuarios do centro Juan XXIII de Cangas que nos brindaron a oportunidade de coñecer unha morea de xogos populares.

Queremos agradecer a súa colaboración co centro, esperamos vervos pronto!

Moitas grazas!

 

O ENTROIDO DOS NOSOS MAIORES

Este ano o proxecto de centro é De cada década, con ese tema quixemos recuperar unha expresión

cultural galega con moita historia.

 

O alumnado de 6° entrevistou a unhas alumnas moi especiais que nos quixeron contar como se

celebraba o entroido noutrora.

 

Esperamos que disfrutedes deste pequeño documental visto dende a perspectiva doutra xeración.

 

Sempre aprendendo dos nosos maiores!

 

REVISTA "A GAMELA"

 

De novo, outro ano máis remata o curso e con el chega a nosa revista “A Gamela”.

 

Nas súas páxinas podedes disfrutar dun pequeño exemplo das actividades que o alumnado fixemos.

Esperamos que disfrutedes tanto dela como nós deseñándoa.

 

Feliz verán!

 

Campamentos de verán

Aquí vos deixamos un documento recopilatorio cos diferentes campamentos e actividades de verán.

Ao final da publicación podedes decargar o documento adxunto.

 

SEMANA DO ORGULLO

Como xa sabedes, durante esta semana levamos a cabo diferentes actividades relacionadas coa comunidade LGTBIQ. Hoxe, para rematar esta semana en prol da diversidade afectivo-sexual e a identidade de xénero, o profesorado realizou un baile que deixou abraiado ó alumnado.

 

Desexamos que vos guste!

 

ELABORACIÓN DO MURAL

Durante esta semana, o alumnado do IES María Soliño convertiu unha das nosas paredes do patio nun lugar moi colorido. Compartimos convosco a elaboración do mural.

Moitas grazas polo traballo realizado!

 

SEMANA DO ORGULLO

Como ben sabedes, este curso participamos no Contrato-Programa da Xunta que ten por nome IGUÁLA-T. Unha das ideas principais deste programa é romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, previr e abordar a violencia de xénero así como pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero e o respecto a todas as persoas. 

Para finalizar este proxecto celebraremos a Semana do Orgullo no noso Centro coa proxección de varias curtametraxes animadas adaptadas ás infancias e outras actividades. Tamén viremos vestidas cada día cunha cor para conmemorar esta data. Agardamos que vos guste e agradecemos a vosa colaboración.

 

               

Distribuir contido