Saltar navegación.
Inicio

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

NORMA

ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 de maio de 2022)

Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.

CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B

 

 

DESTINATARIOS

 

 

Fondo solidario de libros de texto

3º e 4º de E. Primaria

Axudas para adquirir libros de texto 

1º e 2º de E. Primaria

Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de E. Primaria

(De 1º a 6º)

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO

Desde o 19 de maio ata o 22 de xuño (incluído)

FORMAS DE PRESENTACIÓN

Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/2023.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    - Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

    - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

 

Así mesmo, poñemos a súa disposición o formulario normalizado de Solicitude (Anexo I e Anexo II) para que poidan descargalo. Unha vez decargado, deberán cumprimentalo e poderán presentalo no centro.

 

Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro.

 

O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 09.30  a 14:00.

 

Excepcionalmente para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo en horario de mañá, poderán facelo de 16.00 a 16.30 horas.

Alumnado

6º E.P.

O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2022/2023.

 

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

  •    ANEXO I debidamente cuberto e asinado.
  •    ANEXO II (Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación de datos).
  • Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
No caso en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a  31 de decembro de 2020, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.

 

  • Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

Será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2020, sumaranse o recadro 435 + o recadro 460 e dividirase o resultado entre o número de membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2020.

Á hora de dividir computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.

 

 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

-Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, os titores do alumnado.

-Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados, ou os/as fillos/as en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo.

-Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade.

-Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

-Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

-A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

-Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles.

 

 

MEMBROS NON COMPUTABLES

Non terá a consideración de membro computable:

-A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

-O agresor nos casos de violencia de xénero.

-En todo caso terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia a un dos proxenitores e nos casos de violencia de xénero, caso en que se aplicará o disposto na normativa vixente.

 

 

CONTÍA DAS AXUDAS

 

Renta per cápita familiar

 

Menor ou igual a 6.000 €

Maior de 6.000 e

menor ou igual a 10.000 €

Menor ou igual a 6.000 €

 

LIBROS DE TEXTO

MATERIAL

1º e 2º de E. Primaria

210 €

140 €

 

50 €

3º e 4º de E. Primaria

Fondo: 6 libros (1)

Fondo: 4 libros (1)

5º e 6º de E. Primaria

Proxecto E-DIXGAL

Proxecto E-DIXGAL

 

    (1) O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro.

 
 

PUBLICACIÓN LISTAXES FONDO LIBROS (3º E 4º)

Publicación de listaxes provisionais>

Ata o 11.07.2022

Reclamación ás listaxes provisionais>

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas>

O 22.07.2022

Faremos chegar o aviso ás familias a través de AbalarMóbil da publicación das listaxes.

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no porche da entrada de E. Primaria.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

 

 

ENTREGA DE LIBROS E VALES

A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2022/2023 para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.

 

Os VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e os VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria entregaranse na semana comprendida entre o 4 e 8 de xullo de 2022.

Reforma da Aula Verde

O alumnado de 4º de E.P. levou a cabo o pasado venres a reforma da aula verde cedida polo Concello. As crianzas implicáronse a fondo neste proxecto, con moita ilusión, creando un espazo para todo o Centro. Podedes ver un resumo do proceso pinchando na imaxe.

 

NOVO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19

Boas novas!

Atendendo ó novo protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 publicado pola Consellería de Educación o día 20 de maio, queremos informar que dende hoxe, o alumnado poderá mesturarse co resto de compañeiros e compañeiras durante os periodos de ocio, sen necesidade de manter os grupos burbulla que levamos practicando dende o inicio desta pandemia.

Deixámosvos un vídeo para que vexades o desfrute do alumnado durante o recreo.

 

 

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2022

Despois dos últimos anos marcados pola pandemia da COVID-19, volvemos desfrutar do noso Festival das Letras Galegas. Por este motivo, a través deste vídeo queremos compartir con todos e todas vós as emocións vividas por toda a comunidade educativa no día de hoxe. 

 

Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación!

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2022

Dende o CEIP Plurilingüe do Castrillón - Coiro queremos invitarvos a desfrutar con todos e todas nós o Festival das Letras Galegas 2022, o cal se levará a cabo o venres 20 de maio ás 10.45 horas no auditorio Xosé Manuel Pazos Varela.

Esperámosvos alí!

 

I Festa dos Maios

O noso centro vestiuse de flores para celebrar por primeira vez a Festa dos Maios.

O alumnado e a a comunidade educativa participou activamente nesta conmemoración que queremos compartir con todos vós a través dos seguintes vídeos.

Moitas grazas pola vosa participación!

 

 

Concurso Cantamos coas mans!

Dende o CEIP Plurilingüe do Castrillón Coiro queremos informar que gañamos o premio de MENCIÓN HONORÍFICA  no concurso de "Cantamos con las manos" da Asociación de Xordos de Galicia.

Este premio pon en valor o traballo en equipo do equipo docente, alumnado e persoal non docente. O Concurso permitíunos coñecer un pouquiño a lingua de signos pero tamén nos permitiu poder achegar á comunidade xorda a figura de Rosalía de Castro, que na actualidade aínda seguen tendo moitas barreiras para acceder á cultura, e máis á galega. Este premio é un gran premio, xa que é un fin social e inclusivo, ademais do orgullo de levar este premio, que o outorga un xurado profesional, xunto con outros centros que teñen un maior percorrido neste campo.

Grazas e a seguir signando.

 

Agradecementos:

Eva Graña: mestra de A.L., por embarcarte nestre proxecto e achegarnos a un mundo lingüístico máis diverso.

Paz Martínez: mestra de música, por poñerlle a música e darnos un pouquiño da túa sabiduría.

Sara Costa: mestra de P.T., por favorecer sempre a inclusión cos pictogramas e estar disposta sempre a axudar.

Laura Vicente: coordinadora E.D.G.L., pola organización e adptación da letra.

Ao noso ALUMNADO por transmitir esa ilusión por aprender e facer un mundo máis DIVERSO.

Ao Equipo Directivo por crer en nós e neste proxecto.

 

GRAZAS A TODES!!! 

 

I CONCURSO DE CÓMIC CONTRA A LGTBIFOBIA

Convócase o I Concurso de cómic contra a LGTBIfobia. O 17 de maio, xunto coas Letras Galegas, é o Día Internacional contra a homofobia e a transfobia, polo que convocamos un concurso de cómic sobre esta temática para todo o alumnado de Educación Primaria. A data límite para entregar as bandas deseñadas será o 10 de maio. Os orixinais teñen que estar en lingua galega e tratar de forma explícita este tema. Hai 3 categorías (1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º) e, polo tanto, tres grandes premios. Ademais, aqueles deseños que resulten premiados formarán parte da revista deste curso escolar. 

 

Animádevos a participar!

 

SAÍDA EMBALSE PONTILLÓN DO CASTRO

Durante a mañá de hoxe o alumnado de 6º de E. Primaria estivo no embalse do Pontillón do Castro realizando actividades deportivas no medio acuático.

Agradecemos a Tono que compartise con nós estas imaxes para o voso desfrute.

 

 

 

Concurso Asociación FAXPG" Cantamos coas mans"

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG) convoca o concurso de " Cantamos con las manos" na que o noso centro participou co poema de Rosalía de Castro Miña casiña meu lar, que tamén o traballamos o día da escritora. 

Se pinchades no enlace

Ademais necesitamos da vosa axuda. Nesta páxina https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html pódese votar. Anímadevos a votar e a ver os outros vídeos.

Un saúdo.

Mercado Solidario polo Día do Libro: Penso, logo conto

INFORMACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2022/2023

INFORMACIÓN  SOLICITUDES DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

CURSO 2022/2023

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2022/2023, comunicamos que todo o alumnado que solicitou praza no noso centro foi admitido.

As listaxes co alumnado admitido están publicadas no taboleiro situado no porche interior do edificio de E. Primaria.

 

Día da Poesía 2022

O pasado luns 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía 2022 realizando un poema cadáver entre todo o colexio.

Este foi o resultado:

 

Buliapertas!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CEIP PLURILINGÜE DO CASTRILLÓN - COIRO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Organizaremos 3 XORNADAS DE PORTAS ABERTAS os vindeiros martes: 15 e 22 de febreiro e o 8 de marzo para que as familias interesadas en escolarizar aos seus fillos e fillas poidan coñecer as nosas instalacións e o noso xeito de traballar.

A visita estará guiada por unha mestra e poderedes escoller entre dúas quendas cada día: unha ás 16.00 horas e outra ás 17.30 horas.

Aproveitaremos para aclararvos calquera dúbida que teñades.

Agardámosvos!!!

 

Para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo, preparamos os seguintes vídeos para que saibades un pouco máis de nós.

 

 

 

Ademais, tamén preparamos o seguinte tríptico informativo con toda a información necesaria sobre o noso centro, así como os teléfonos de contacto ós cales vos podedes dirixir para aclarar calquera dúbida.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022-2023

Comeza o PERÍODO DE MATRÍCULA para o curso 2022-2023

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes.

A solicitude de admisión de alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está a súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace:

Formulario de Admisión

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  • Unha vez descargada, cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
  • Cubrir a solicitude telematicamente e presentala asinada de xeito presencial no centro.
  • Cubrir a solicitude telematicamente e asinala en sede electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario Chave 365 ou con certificado dixital.

Para presentar a solicitude asinada presencialmente no centro, ACONSÉLLASE pedir previamente CITA TELEFÓNICA nos seguintes teléfonos: 886 110 173, 886 110 172 ou 886 110 170.

As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación son:

      - De 9.30 a 14.00 horas                                       - De 16.00 a 17.00 horas

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:

  • Formulario de Admisión.
  • Fotocopia completa do Libro de Familia.
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante (Se o ten expedido).
  • 4 fotografías tamaño carnet.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumnado solicitante.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servicios sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas).
  • Certificado médico que acredite:
    • Ausencia de enfermidades infecto-contaxiosa.
    • Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante.
    • Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.
    • A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.
  • Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar (Solicítase no concello).

Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.

Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 21 de marzo.
  • A lista de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do centro na primeira quincena de maio.

 

 

 

Conmemoración do Día da Paz.

Esta semana celebramos no noso centro o Día da Paz  e queremos compartir con vós un anaco dese día a través dos seguintes vídeos.

Preme sobre a imaxe para visualizalos.

Desexamos que vos agrade!

 

Música: Cantarela dos nenos. Xico de Cariño.

 

Música: Alla Turca. Mozart.

O alumnado de Castrillón, contribuíndo coa igualdade e a inclusión.

O pasado venres 21 de xaneiro, o alumnado de 2º EP A presentou na Morada de Buli a primeira remesa de libros adaptados por eles, coa axuda da súa mestra Susana.

Estes libros contan co título transcrito en Braille, así como un código QR que, tras escanealo, permite escoitar o conto lido pola rapazada. Desta forma, fan máis accesible a lectura para aquelas persoas que aínda non len ou que se achegan a ela de forma diferente.

        

 

 

 

 

CONCURSO DE DEBUXO

Anímate a participar! Tes ata o 24 de xaneiro para entregar o teu debuxo!Risa

  

Distribuir contido