Saltar navegación.
Inicio

Excursión de Fin de Curso

Proxecto "As máquinas"

Reforma da Aula Verde

O alumnado de 4º de E.P. levou a cabo o pasado venres a reforma da aula verde cedida polo Concello. As crianzas implicáronse a fondo neste proxecto, con moita ilusión, creando un espazo para todo o Centro. Podedes ver un resumo do proceso pinchando na imaxe.

 

Visita ao Concello

O alumnado de 4º de Educación Primaria visitou esta mañá o concello de Cangas. Foron recibid@s pola alcaldesa, Victoria Portas, á que lle solicitaron facer uso do antigo colexio da Retirosa para poder facer unha aula da natureza. Entregáronlle cadansúa solicitude no salón de plenos, onde expuxeron o seu desexo de darlle unha nova vida a ditas instalacións. A alcaldesa escoitou con atención as peticións e, finalmente, comprometeuse a ceder este espazo ao alumnado. Obxectivo conseguido!

Libro de inglés

A continuación tedes os datos do libro de inglés que hai que mercar. Non entra dentro do fondo de libros porque é un cuadernillo.

Para música tamén precisan unha carpeta plástica tamaño A4 para meter as fichas.

Fixemos chegar as vosas preguntas con respecto ao uso da máscara ao Equipo Directivo e, nun principio, a lei non o permite mentres non baixe o nivel de incidencia no que nos atopamos.

Grazas!

 

 

REUNIÓN INICIAL

Para ver e descargar o documento, pinchar na imaxe.

 

Distribuir contido