Normalización Ling.
Concurso Cantamos coas mans!
Enviado por Anónimo o Mér, 04/05/2022 - 11:18Dende o CEIP Plurilingüe do Castrillón Coiro queremos informar que gañamos o premio de MENCIÓN HONORÍFICA no concurso de "Cantamos con las manos" da Asociación de Xordos de Galicia.
Este premio pon en valor o traballo en equipo do equipo docente, alumnado e persoal non docente. O Concurso permitíunos coñecer un pouquiño a lingua de signos pero tamén nos permitiu poder achegar á comunidade xorda a figura de Rosalía de Castro, que na actualidade aínda seguen tendo moitas barreiras para acceder á cultura, e máis á galega. Este premio é un gran premio, xa que é un fin social e inclusivo, ademais do orgullo de levar este premio, que o outorga un xurado profesional, xunto con outros centros que teñen un maior percorrido neste campo.
Grazas e a seguir signando.
Agradecementos:
Eva Graña: mestra de A.L., por embarcarte nestre proxecto e achegarnos a un mundo lingüístico máis diverso.
Paz Martínez: mestra de música, por poñerlle a música e darnos un pouquiño da túa sabiduría.
Sara Costa: mestra de P.T., por favorecer sempre a inclusión cos pictogramas e estar disposta sempre a axudar.
Laura Vicente: coordinadora E.D.G.L., pola organización e adptación da letra.
Ao noso ALUMNADO por transmitir esa ilusión por aprender e facer un mundo máis DIVERSO.
Ao Equipo Directivo por crer en nós e neste proxecto.
GRAZAS A TODES!!!
Concurso Asociación FAXPG" Cantamos coas mans"
Enviado por lauvicente o Ven, 22/04/2022 - 11:46A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG) convoca o concurso de " Cantamos con las manos" na que o noso centro participou co poema de Rosalía de Castro Miña casiña meu lar, que tamén o traballamos o día da escritora.
Se pinchades no enlace
Ademais necesitamos da vosa axuda. Nesta páxina https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html pódese votar. Anímadevos a votar e a ver os outros vídeos.
Un saúdo.
LETRAS GALEGAS 2021:Xela Arias
Enviado por Anónimo o Dom, 16/05/2021 - 13:00Este ano 2021 as Letras Galegas adícanse á poeta Xela Arias.
O alumnado do CEIP Castrillón quere homenaxeala recitando poemas duha das súas obras, Darío a Diario,que escribiu co nacemento do seu fillo Darío.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
IMAXE DE SABELA CARBALLO
Concurso de Portada de "A Gamela"
Xa temos portada e contraportada para a nosa revista "A Gamela".
Depois dunha votación moi axustada as gañadoras son a nº11 e a nº 17. Noraboa aos gañadores/as e moitas grazas a todos/as que participastes.
Saúdos.
Letras Galegas: Xela Arias.
Enviado por lauvicente o Mar, 11/05/2021 - 11:49Este ano 2021 as Letras Galegas están adicadas a Xela Arias.
Como cada ano son moitas as actividades que se propoñen nas redes para traballar persona a que se lle adica o 17 de Maio.
Actividades para Educación Infantil
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!
Entroido
Enviado por Anónimo o Dom, 07/02/2021 - 20:20NESTE ANO TAN PECULIAR
O ENTROIDO EN CASTRILLÓN ESTÁ POR CHEGAR,
AÍNDA QUE NOS PODEMOS DISFRAZAR
A FESTA NESTE CURSO VAISE DIFERENCIAR.
PARA O ENTROIDO PODER TRABALLAR
A WEB DO COLE IMOS VISITAR,
ACTIVIDADES E XOGOS QUE SE ESTÁN A DESEÑAR
E ASÍ POLOS ENTROIDOS PODER VIAXAR.
VIVA O ENTROIDO!!!
PARA INFANTIL 1º E 2º: https://learningapps.org/view17277036
PARA 3º, 4º ,5º E 6º:https://es.educaplay.com/juego/8083484-pasapalabra_do_entroido.html
CONSULTA:
Concurso Ollo á palabra do día.
Enviado por Anónimo o Xov, 08/10/2020 - 12:20
Ola a todos e todas!
Dende EDLG propoñémosvos un xogo moi divertido. Entrade en https://portaldaspalabras.gal/concurso-olla-a-palabra-do-dia/ e a debuxar!!! Animádevos!!!
Apertas virtuais
Homenaxe letras galegas
O alumnado de 5º de EP fixo un video conmemoración das letras galegas.
Ao final do video os alumnos fanlle unha homenaxe á nosa ilustre compañeira María Abel Diéguez.
Esperamos que vos guste.
Letras galegas 2020
Este curso 2019 -2020 non puidemos conmemorar as letras galegas como tódolos anos, pero o alumnado de Castrillón - Coiro sempre está disposto a colaborar.
Este video é unha pequena homenaxe ás nosas letras.
Esperamos que vos guste.
Primavera das Letras
Enviado por Anónimo o Ven, 15/05/2020 - 22:21LETRAS GALEGAS 2020
O Seminario Galán proporciona actividades para traballar a figura de Ricardo Carvalho-Calero, homenaxeado o Día Das Letras Galegas 2020
Premendo na imaxe podedes acceder ás actividades en liña
Actividades para Infantil:https://view.genial.ly/5eaec73beacf4c0d67172c91/horizontal-infographic-review-calendario-letras-galegas-infantil
Actividades para 1º:https://view.genial.ly/5eaf3c2cc932350d2aebb7c7/horizontal-infographic-review-calendario-letras-galegas-1o-ceip-vialverde
Actividades para 2º e 3º: https://view.genial.ly/5eaf1c44eacf4c0d6717571e/horizontal-infographic-review-calendario-letras-galegas-2o-e-3o
Actividades para 4º, 5º e 6º:https://view.genial.ly/5eaaa3a910375f0d9f4b27c6/horizontal-infographic-review-letras-galegas-4o-5o-6o
Recursos en lingua galega
GaliciaLe é un portal da Xunta de Galicia que nos ofrece o acceso gratuíto a máis de 4500 obras da rede de bibliotecas públicas de Galicia.
A páxina Aulas galegas está feita por docentes de toda galicia para ofertar actividades en galego para todas as idades:
A agrupación cultural Alexandre Bóveda ten esta web onde atoparedes moitos enlaces para ler libros en galego.
O colectivo NOGA ten unnha canle en youtube na que van subindo video contos en galego:
Kalandraka TV é unha páxina chea de contos contados e todos en galego: