Saltar navegación.
Inicio

Biblioteca

Librotroco 2024

Premios do Concurso de Debuxos e Relatos de Nadal

Ola Bulideir@s!

Deixámosvos por aquí os gañadores do Concurso de Debuxos e Relatos de Nadal deste ano:


Educación Infantil: Alma Fernández Dafonte.


1º Ciclo EP: David Rivas Dacruz.
2º Ciclo EP: Sofía Vasconcellos Saá.
3º Ciclo EP: Marcos Rivas Dacruz.
Accésit 3º Ciclo: Vera Boubeta Rodal e Mara Regueira Rodal.

 

O premio da sección de adultos queda deserto ao non haber ningunha candidatura.

Parabéns e grazas polo voso esforzo!

Felices festas a todos!

 

O homiño de papel. Día Universal da Infancia.

Os nenos e nenas de infantil celebramos o Día Universal da Infancia e o facemos a través do libro O homiño de papel. 

Unha nena aburríase na casa cos xoguetes que sempre tiña e non se entretiña.

Un día imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico. 

O homiño de papel e máis a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode trasmitir alegría e esperanza aos nenos e nenas; mirando as accións humanas cos ollos da solidaridade.

O ALUMNADO DE INFANTIL, INVITÁMOSVOS A DESCUBRIR CON NÓS OS NOSOS HOMIÑOS DE PAPEL, E AS COUSAS QUE A NÓS COMO NENOS E NENAS NOS FAN FELICES.

 

Premede na imaxe para ver o vídeo

 

 

Unha aperta!!

Recomendacións lectoras de verán

Ola Bulideir@s!

Deixámosvos por aquí as recomendacións lectoras para este verán, con libros para tódalas idades e gustos.

Queremos aproveitar para agradecer o traballo e colaboración das librerías coas que A Morada de Buli traballou este curso: Librería Wells, Librería Viláfer e, especialmente, a Librería Maraxe, xa que sempre nos surten coa mellor selección de libros para os nosos lectores.

Aproveitamos para desexarvos a todos e todas un bo verán cheo de libros e fantasía.

Buliapertas!

 

 

Gañadores "Poesía en Foto"

Librotroco: trae un libro e leva outro

 

Ola Bulideir@s!

Como xa sabedes, o vindeiro domingo 23 de abril é o Día Internacional do Libro. Con tal motivo, temos previstas varias actividades nos seguintes días.

Ademais dun apadriñamento lector este venres 21 de abril, a vindeira semana levaremos a cabo a actividade "Librotroco: trae un libro e leva outro".

Tes algún libro que xa liches moitas veces e que está en bo estado? Por que non trocalo por outro, darlle unha segunda vida e conseguir outro libro para ler?

Poderedes traer os libros que queirades do luns 24 ao xoves 27 de abril. Por cada libro que traiades, recibiredes un cupón. Podedes traer ata un MÁXIMO de 5 libros.

Eses cupóns poderedes intercambialos por outros libros que trouxesen os vosos compañeiros o venres 28 de abril durante o recreo.

Animádevos a participar!

Buliapertas!

Concurso "Poesía en foto": ampliación de prazo

 

Ola Bulideir@s!

Informámosvos de que ampliamos o prazo de presentación para o concurso Poesía en Foto ata o vindeiro 24 de marzo.

Xa que logo, reprogramaremos as votacións do concurso para outra data. Iremos informándovos das novidades ao respecto.

Animádevos a participar!!! Os proxenitores tamén vos podedes presentar!!!

 

Buliapertas!

Premiados do Concurso de Cómic 8M

Concurso "Poesía en foto"

 

Ola Bulideir@s!

Aínda estamos elixindo aos gañadores do Concurso de Cómic do 8M e xa estamos argallando o seguinte concurso, con motivo do Día da Poesía o vindeiro 21 de marzo.

 

Neste concurso incluiremos seccións non só para o alumnado, senón tamén para as familias e para o persoal do centro (xa sexan mestr@s, persoal de cociña, persoal coidador, de conserxería, limpeza...).

 

Para participar, tes que elixir o teu lugar favorito de Cangas e sacarlle unha foto. Esa foto deberás acompañala dun pequeno poema en galego de mínimo 4 versos, agás o alumnado de E. Infantil que empregará unicamente unha palabra que describa a imaxe o máis poeticamente posible. 

 

A foto con poema presentarase nunha cartolina A4 antes do 17 de marzo.

 

A semana seguinte, do 20 ao 24, haberá unha exposición coas fotos e poemas participantes. Deixaranse unhas furnas durante toda a semana para que o persoal do centro e as familias poidan votar polas súas participacións favoritas, mentres que o alumnado terá un horario para votar as participacións da súa sección o día 24 de marzo.

 

Animadevos a participar!!!

 

Buliapertas!

Concursos de Nadal

Ola Bulideir@s!

 

Vai acabando novembro e xa se nota no ambiente que o Nadal está preto. Con tal motivo, animámosvos a participar nos Concursos de relato curto de Nadal que vimos celebrando por segundo ano consecutivo. 

 

Desta vez, como o proxecto interdisciplinar é "O mar: Cangas, vila mariñeira", cada categoría esixirá diferentes detalles relacionados co mar para poder optar a premio.

 

Este curso hai 4 categorías:

 

- Categoría para Educación Infantil e 1º de Educación Primaria (neste caso, en lugar de relato presentarase un debuxo).

- Categoría para 2º e 3º EP.

- Categoría para 4º, 5º e 6º de EP.

- E por último, como novidade este ano, categoría para as FAMILIAS.

 

As datas de entrega serán entre o 28 de novembro e o 15 de decembro. 

 

O relato deberá entregarse na Biblioteca: poderás meter a túa participación na caixa vermella que haberá enriba do mostrador de préstamo. Os pequenos de Educación Infantil e 1º e 2º EP poderán entregarllo aos seus titores, quenes as deixarán todas xuntas o último día de prazo na caixa vermella. As familias poderán entregar a súa participación en conserxería, onde serán recollidas posteriormente polos membros do equipo de biblioteca.

 

Haberá só un premio por categoría, que incluirá un diploma acreditativo e un pequeno agasallo.

 

Aquel alumnado que participe levará, ademais, selo no carné de puntos para participar no sorteo de final de curso.

 

Animádevos a participar!

 

Buliapertas!

 

 

 

 

Cóntanos un conto!

Mercado Solidario polo Día do Libro: Penso, logo conto

Día da Poesía 2022

O pasado luns 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía 2022 realizando un poema cadáver entre todo o colexio.

Este foi o resultado:

 

Buliapertas!

O alumnado de Castrillón, contribuíndo coa igualdade e a inclusión.

O pasado venres 21 de xaneiro, o alumnado de 2º EP A presentou na Morada de Buli a primeira remesa de libros adaptados por eles, coa axuda da súa mestra Susana.

Estes libros contan co título transcrito en Braille, así como un código QR que, tras escanealo, permite escoitar o conto lido pola rapazada. Desta forma, fan máis accesible a lectura para aquelas persoas que aínda non len ou que se achegan a ela de forma diferente.

        

 

 

 

 

Gañadores dos Concursos de Nadal

Os gañadores dos Concursos de Nadal organizados pola biblioteca "A Morada de Buli" son os seguintes:

  • Categoría EI e 1º EP "Debuxa a Buli no Nadal": André Ferral Outeiral (6º EI B).
  • Categoría 2º e 3º EP: Noa Pedrido Varela, Mar Sanmartín Lorenzo, Enzo Soage Rodríguez e Mathías Toubes Mendoza, de 3º EP A (relato cooperativo).
  • Categoría 4º - 6º EP: Marcos Rivas Dacruz (4º EP A).

Parabéns a tódolos premiados!

Estreamos o Bookflix!

Hoxe, o alumno de 4º E.P.- A Lucas Moral foi o primeiro alumno dos cursos 4º - 6º E.P. en completar a lectura cinco libros emprestados da nosa biblioteca, polo que foi o primeiro en colocar a reseña do libro que máis lle gustou dos cinco que leu no Bookflix da Morada de Buli. En breve recibirá tamén un pequeno agasallo.

Parabéns!

 

Concursos de Nadal

Videocontos de Nadal

 

Queridas familias, é o voso momento!

Facédelles chegar aos titores os vosos videocontos de Nadal a través dun pen-drive, a ser posible en galego, antes do 15 de decembro. Visionarémolos entre o 16 e o 21 de decembro nas horas de lectura nas clases dos vosos fillos.

Animádevos a participar!

Distribuir contido