Saltar navegación.
Inicio

Librotroco: trae un libro e leva outro

 

Ola Bulideir@s!

Como xa sabedes, o vindeiro domingo 23 de abril é o Día Internacional do Libro. Con tal motivo, temos previstas varias actividades nos seguintes días.

Ademais dun apadriñamento lector este venres 21 de abril, a vindeira semana levaremos a cabo a actividade "Librotroco: trae un libro e leva outro".

Tes algún libro que xa liches moitas veces e que está en bo estado? Por que non trocalo por outro, darlle unha segunda vida e conseguir outro libro para ler?

Poderedes traer os libros que queirades do luns 24 ao xoves 27 de abril. Por cada libro que traiades, recibiredes un cupón. Podedes traer ata un MÁXIMO de 5 libros.

Eses cupóns poderedes intercambialos por outros libros que trouxesen os vosos compañeiros o venres 28 de abril durante o recreo.

Animádevos a participar!

Buliapertas!