Memoria, Horarios, Galería "Buli", Fondos, Biblioteca

Mercado Solidario polo Día do Libro: Penso, logo conto

Día da Poesía 2022

O pasado luns 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía 2022 realizando un poema cadáver entre todo o colexio.

Este foi o resultado:

 

Buliapertas!

O alumnado de Castrillón, contribuíndo coa igualdade e a inclusión.

O pasado venres 21 de xaneiro, o alumnado de 2º EP A presentou na Morada de Buli a primeira remesa de libros adaptados por eles, coa axuda da súa mestra Susana.

Estes libros contan co título transcrito en Braille, así como un código QR que, tras escanealo, permite escoitar o conto lido pola rapazada. Desta forma, fan máis accesible a lectura para aquelas persoas que aínda non len ou que se achegan a ela de forma diferente.

        

 

 

 

 

Gañadores dos Concursos de Nadal

Os gañadores dos Concursos de Nadal organizados pola biblioteca "A Morada de Buli" son os seguintes:

  • Categoría EI e 1º EP "Debuxa a Buli no Nadal": André Ferral Outeiral (6º EI B).
  • Categoría 2º e 3º EP: Noa Pedrido Varela, Mar Sanmartín Lorenzo, Enzo Soage Rodríguez e Mathías Toubes Mendoza, de 3º EP A (relato cooperativo).
  • Categoría 4º - 6º EP: Marcos Rivas Dacruz (4º EP A).

Parabéns a tódolos premiados!

Estreamos o Bookflix!

Hoxe, o alumno de 4º E.P.- A Lucas Moral foi o primeiro alumno dos cursos 4º - 6º E.P. en completar a lectura cinco libros emprestados da nosa biblioteca, polo que foi o primeiro en colocar a reseña do libro que máis lle gustou dos cinco que leu no Bookflix da Morada de Buli. En breve recibirá tamén un pequeno agasallo.

Parabéns!

 

Concursos de Nadal

Videocontos de Nadal

 

Queridas familias, é o voso momento!

Facédelles chegar aos titores os vosos videocontos de Nadal a través dun pen-drive, a ser posible en galego, antes do 15 de decembro. Visionarémolos entre o 16 e o 21 de decembro nas horas de lectura nas clases dos vosos fillos.

Animádevos a participar!

Día do Pixama 2021

Hoxe no CEIP Castrillón Coiro celebramos o Día do Pixama, unha iniciativa de ASEAF (Asociación Estatal de Acogimiento Familiar) para celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. 

No noso cole, ademais de vir en pixama, o alumnado trouxo o seu libro favorito e posou nun photocall montado para a ocasión na Morada de Buli. Deixámosvos por aquí unha pequena mostra e proximamente subiranse tódalas fotos á Galería.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Horario de biblioteca pola tarde

Estimadas familias:

Lembrámosvos que a biblioteca está aberta para préstamos os luns, mércores, xoves e venres durante o horario de actividades extraescolares (15:45 - 17:00).

Así mesmo, lembrade que vós tamén podedes facervos socios da biblioteca e así poderedes levar máis contos para ver cos vosos fillos na casa (ou libros para o voso propio tempo de lecer).

Unha buliaperta.

 

O equipo de Biblioteca - A Morada de Buli.

Lecturas polo Día do Libro LGTBI

O pasado día 1 de abril celebrábamos o Día do Libro LGTBI no CEIP Castrillón - Coiro. Con tal motivo, repartiuse entre os cursos superiores libros relacionados coa temática LGTBI para lerlles aos máis pequenos o día antes de marchar de vacacións.

Deixámosvos a continuación unhas poucas fotografías dese día.

 

   
   

Pechados por reformas

Galería Buli

Esta é a nosa galería na que toparás todos os Bulis que nos acompañaron durante estes anos e que poderás pintar, recortar, . . .

 Fai clic na seguinte figura

PROGRAMACIÓN ANUAL

PLAN ANUAL DE LECTURA

Distribuir contido