Saltar navegación.
Inicio

A. Complementarias

Día universal das pessoas con discapacidad.

O alumnado de 5º de primaria realizou un traballo para o día Universal Das Persoas con diversidade funcional. Recopilaron información biográfica e deportiva de diferentes deportistas con diversidade funcional. Un traballo para recoñecer o valor do esforzo, da superación e da autodisciplina no doporte para superar calqueira barreira.

   

 

 Premede na última imaxe para acceder ao vídeo:

Este Nadal sigue unha estrela.

Outro ano máis chega o Nadal e desde Castrillón queremos facer honor aos nosos grandes deportistas. Cómo xa ben sabedes, este curso traballamos dende o proxecto interdisciplinar Castriolimpiadas: xogos olímpicos e paralímpicos.

Baixo o lema “Este Nadal segue unha estrella” participamos no concurso do Concello “Nadal con Vida”. As nosas estrelas decorarán a Rúa Real durante este Nadal para facer unha pequena homenaxe aos deportistas galegos máis ou menos coñecidos pero non por iso menos valiosos. 

Non están todos os que son, pero con este traballo decatámonos da calidade excepcional de todos os deportistas da nosa terra e pedimos disculpas aos que non estean representados.

Premede na imaxe para ver o vídeo.

O homiño de papel. Día Universal da Infancia

Os nenos e nenas de infantil celebramos o Día Universal da Infancia e o facemos a través do libro O homiño de papel. 

Unha nena aburríase na casa cos xoguetes que sempre tiña e non se entretiña.

Un día imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico. 

O homiño de papel e mais a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode trasmitir alegría e esperanza aos nenos e nenas; mirando as accións humanas cos ollos da solidaridade.

O ALUMNADO DE INFANTIL, INVITÁMOSVOS A DESCUBRIR CON NÓS OS NOSOS HOMIÑOS DE PAPEL, E AS COUSAS QUE A NÓS COMO NENOS E NENAS NOS FAN FELICES.

 

Premede na imaxe para ver o vídeo

 

 

Unha aperta!!

Conmemoración Día da Paz 2023

O pasado luns 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz no noso centro.

Compartimos con todos e todas vós este vídeo para que vexades o ben o que o pasamos.

Esperamos que vos guste!

 

Visita Discamino

Mañá, 19 de xaneiro, imos ter unha visita moi especial no noso centro!

Integrantes do Proxecto Discamino terán un encontro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, onde o alumnado coñecerá de primeira man o gran labor que realizan coas persoas con discapacidade.

Se queredes coñecer máis sobre este proxecto, podedes consultalo na súa páxina web a través da seguinte ligazón.

Proxecto Discamino

 

Samaín 2022

O noso cole disfrutou do Samaín cunha exposición de cabazas e cunhas sesións de contacontos.

O alumnado dos cursos superiores contaron contos de Samaín aos máis pequenos e a experiencia foi moi bonita.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

(Premede na imaxe para ver o video)

Campamentos de verán

Aquí vos deixamos un documento recopilatorio cos diferentes campamentos e actividades de verán.

Ao final da publicación podedes decargar o documento adxunto.

 

SEMANA DO ORGULLO

Como ben sabedes, este curso participamos no Contrato-Programa da Xunta que ten por nome IGUÁLA-T. Unha das ideas principais deste programa é romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, previr e abordar a violencia de xénero así como pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero e o respecto a todas as persoas. 

Para finalizar este proxecto celebraremos a Semana do Orgullo no noso Centro coa proxección de varias curtametraxes animadas adaptadas ás infancias e outras actividades. Tamén viremos vestidas cada día cunha cor para conmemorar esta data. Agardamos que vos guste e agradecemos a vosa colaboración.

 

               

I CONCURSO DE CÓMIC CONTRA A LGTBIFOBIA

Convócase o I Concurso de cómic contra a LGTBIfobia. O 17 de maio, xunto coas Letras Galegas, é o Día Internacional contra a homofobia e a transfobia, polo que convocamos un concurso de cómic sobre esta temática para todo o alumnado de Educación Primaria. A data límite para entregar as bandas deseñadas será o 10 de maio. Os orixinais teñen que estar en lingua galega e tratar de forma explícita este tema. Hai 3 categorías (1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º) e, polo tanto, tres grandes premios. Ademais, aqueles deseños que resulten premiados formarán parte da revista deste curso escolar. 

 

Animádevos a participar!

 

DÍA DA MULLER 8M

A través do seguinte vídeo queremos compartir con todas e todos vós a conmemoración do día da muller deste ano 2022.

Agardamos que vos guste!

 

ENTROIDO 2022

Con este vídeo, queremos compartir con vós a ledicia do día de hoxe vivida polo alumnado durante a celebración do entroido.

Agardamos que vos guste!

 

 

ENTROIDO 2022

O entroido xa está aquí e para celebralo temos unha serie de retos para estes días.

Anímate a participar! Risa

 

CONCURSO DE DEBUXO

Anímate a participar! Tes ata o 24 de xaneiro para entregar o teu debuxo!Risa

  

DÍA DO PIXAMA

Este curso participamos na iniciativa da ASEAF, pincha na imaxe para obter máis información.

 

Magosto

Chegou o momento de recuperar o noso querido Magosto Risa

Grazas a todas e todos por facelo posible!

Pincha na foto:

 

Distribuir contido