Saltar navegación.
Inicio

A. Complementarias

TÚNEL DO TERROR

Polo Samaín vivimos unha experiencia terrorífica. Quen se atreve a entrar no noso túnel do terror?

Pincha na imaxe e adéntrate con nós Risa

Festa de Samaín

ENTROIDO 2021

BULI INFORMA!

A semana do 8 de febreiro imos celebrar o entroido, e como xa sabedes, este ano non podemos levar a cabo a tradicional festa no noso centro. Por este motivo, aquí vos deixo as indicacións para cada día da semana que vén. Espero que vos guste, que poidamos divertirnos e pasalo o mellor posible.

Vémonos!

Día da Paz

Onte levamos a cabo a celebración do Día da Paz no noso centro. Unha celebración marcada polas circunstancias da COVID-19, a cal estamos a vivir todos e todas, tanto dentro como fóra do centro. Por este motivo, deixámosvos esta ligazón para que poidades desfrutar da actuación levada a cabo por todo o alumnado de educación infantil e primaria.

Esperamos que vos guste!

 

 

Programación do Equipo de Actividades Complementarias.

PROGRAMACIÓN:

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares ten entre os seus obxectivos recoller propostas dos diferentes niveis e coordinar a posta en marcha das actividades programadas, que para o presente curso resúmense nas seguintes:

 

-Actividades relacionadas co proxecto interdisciplinar de centro “Museos e grandes ciudades”:

 

·       Actividades dentro de cada ciclo:

O ciclo de Educación Infantil traballará os diferentes estilos artísticos e autores, chegando a partir de ahí ós museos e as grandes ciudades.

O primeiro ciclo tomará como punto de partida as marionetas, chegando así ás cidades donde existen museos das mesmas, e coa idea de aportar as marionetas elaboradas á exposición do proxecto.

O segundo ciclo encherá o centro de recunchos adicados ás grandes ciudades, que se irán completando cos traballos dos diferentes cursos, de xeito aberto, ó longo do curso.

O terceiro ciclo traballará a cidade de Madrid e os seus museos no nivel de 5º, e New York e o MOMA  no nivel de 6º.

•Elaborar un cartel co título do proxecto para colocar na entrada do centro.

•Actividad inicial co fin de motivar ó alumnado

•Decoración do colexio coa temática do proxecto.

•Exposición no salón de actos.

 

-Actividades en colaboración co EDNL:

 

• Samaín: exposición de cabazas

•Magosto: xogos populares

•Entroido: festa de disfraces relacionados coa temática do proxecto anual

•Festival Letras Galegas: conmemoración do homenaxeado neste día e presentación dos traballos realizados polos diferentes cursos

 

-Colaboración na festa de fin de curso organizada pola ANPA Fornobedo.

 

Distribuir contido