Saltar navegación.
Inicio

SEMANA DO ORGULLO

Como ben sabedes, este curso participamos no Contrato-Programa da Xunta que ten por nome IGUÁLA-T. Unha das ideas principais deste programa é romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, previr e abordar a violencia de xénero así como pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero e o respecto a todas as persoas. 

Para finalizar este proxecto celebraremos a Semana do Orgullo no noso Centro coa proxección de varias curtametraxes animadas adaptadas ás infancias e outras actividades. Tamén viremos vestidas cada día cunha cor para conmemorar esta data. Agardamos que vos guste e agradecemos a vosa colaboración.