Revista A Gamela
Revista "A Gamela"
Un novo curso que remata e con el chega todo un clásico no noso centro: a revista A Gamela.
Os nenos e nenas do cole divertímonos aprendendo moitas cousas este curso 2022/2023. Premendo na seguinte fotografía, podedes visualizar as páxinas da Gamela, onde atoparedes un breve resumo de todo o que fixemos.
Feliz verán!
Concurso de Portada de "A Gamela"
Xa temos portada e contraportada para a nosa revista "A Gamela".
Depois dunha votación moi axustada as gañadoras son a nº11 e a nº 17. Noraboa aos gañadores/as e moitas grazas a todos/as que participastes.
Saúdos.
Revista escolar A GAMELA
Enviado por admin o Mar, 08/09/2009 - 18:41
A GAMELA é a nosa revista escolar onde se recollen algúns dos traballos dos nosos nenos e nenas ó longo do curso.
O seu contido é variado e ten de referencia o centro de interés sobre o que cada ano se traballa e as aventuras e desventuras das vida escolar.
Como exemplo, podes navegar nas Gamelas dos últimos cursos