Saltar navegación.
Inicio

Visita ao Concello

O alumnado de 4º de Educación Primaria visitou esta mañá o concello de Cangas. Foron recibid@s pola alcaldesa, Victoria Portas, á que lle solicitaron facer uso do antigo colexio da Retirosa para poder facer unha aula da natureza. Entregáronlle cadansúa solicitude no salón de plenos, onde expuxeron o seu desexo de darlle unha nova vida a ditas instalacións. A alcaldesa escoitou con atención as peticións e, finalmente, comprometeuse a ceder este espazo ao alumnado. Obxectivo conseguido!