Saltar navegación.
Inicio

Revista "A Gamela"

Un novo curso que remata e con el chega todo un clásico no noso centro: a revista A Gamela.

Os nenos e nenas do cole divertímonos aprendendo moitas cousas este curso 2022/2023. Premendo na seguinte fotografía, podedes visualizar as páxinas da Gamela, onde atoparedes un breve resumo de todo o que fixemos.

Feliz verán!

 

Relación libros de texto 2023/2024

 

RELACIÓN de LIBROS de TEXTO

 

Curso 2023/2024

 

Curso

Área

Título, colección, editorial

ISBN

3 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806626

3 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806626

4 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806435

4 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806435

5 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806534

5 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack .

Oxford U. P.

9780194806534

1º E. Prim.

Lingua Galega

Lingua 1, Proxecto Tecelingua.

Edicións Xerais

9788411100038

 

Lectura

El libro Feliz 1.

Ed. Anaya

9788466725354

 

Matemáticas

Matemáticas 1, Operación Mundo (Incl.mat. manipulativo).

Ed. Anaya

9788469893517

 

Inglés

GO FAR! 1, Student’s Pack.

Ed. Richmond

9788466836531

2º E. Prim.

Lingua Galega

Lingua 2, Proxecto Tecelingua.

Edicións Xerais

9788411100120

 

Lectura

El libro Feroz 2.

Ed. Anaya

9788466746274

 

Matemáticas

Matemáticas 2, Operación Mundo (Incl.mat. manipulativo).

Ed. Anaya

9788469893739

 

Inglés

GO FAR! 2, Student’s Pack.

Ed. Richmond

9788466836548

3º E. Prim.

Lingua Galega

Lingua 3, Proxecto Tecelingua.

Edicións Xerais

9788411100205

 

Matemáticas

Matemáticas 3, Construyendo Mundos, Mochila Ligera.

Ed. Santillana

9788468071367

 

Inglés

GO FAR! 3, Student’s Pack,

Ed. Richmond

9788466836555

4º E. Prim.

Lingua Galega

Lingua 4, Serie Operación Mundo.

Ed. Anaya

9788414319635

 

Matemáticas

Matemáticas 4 (4.1-4.2-4.3), Comunidad ZOOM.

Ed. Vicens Vives

9788468291857

 

C. da Natureza

Ciencias da Natureza 4, Serie Operación Mundo.

Ed. Anaya

9788414320969

 

C. Sociais

Ciencias Sociais 4, Serie Operación Mundo.

Ed. Anaya

9788414321225

 

Inglés

GO FAR! 4, Student’s Pack.

Ed. Richmond

9788466836562

 

 

Castrillón-Coiro, 15 de xuño de 2023

 

 

IMPORTANTE:

 

As familias de de E. PRIMARIA que non resulten beneficiarias no fondo solidario de libros de texto dos libros de CIENCIAS DA NATUREZA e de CIENCIAS SOCIAIS NON DEBEN MERCALOS ata que teña lugar a reunión de titoría de inicio do vindeiro curso 2023-2024.

 

 

(*) As librarías de Cangas teñen copia da lista dos libros de texto.

 

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

NORMA

ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio de 2023)

Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B

 

 

DESTINATARIOS

 

 

Fondo solidario de libros de texto

3º e 4º de E. Primaria

Axudas para adquirir libros de texto 

1º e 2º de E. Primaria

Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de E. Primaria

(De 1º a 6º)

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO

Desde o 20 de maio ata o 21 de xuño (incluído)

FORMAS DE PRESENTACIÓN

Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/2024.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    - Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

    - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

 

Así mesmo, poñemos a súa disposición o formulario normalizado de Solicitude (Anexo I e Anexo II) para que poidan descargalo. Unha vez decargado, deberán cumprimentalo e poderán presentalo no centro.

 

Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro.

 

O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 09.30  a 14:00.

 

Excepcionalmente para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo en horario de mañá, poderán facelo de 16.00 a 16.30 horas.

Alumnado

6º E.P.

O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2023/2024.

 

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

  •    ANEXO I debidamente cuberto e asinado.
  •    ANEXO II (Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación de datos).
  • Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
No caso en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a  31 de decembro de 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.

 

  • Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

Será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2021, sumaranse o recadro 435 + o recadro 460 e dividirase o resultado entre o número de membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2021.

Á hora de dividir computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.

 

 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

-Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, os titores do alumnado.

-Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados, ou os/as fillos/as en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo.

-Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade.

-Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

-Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

-A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a.

-Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles.

 

 

MEMBROS NON COMPUTABLES

Non terá a consideración de membro computable:

-A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

-O agresor nos casos de violencia de xénero.

-En todo caso terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia a un dos proxenitores e nos casos de violencia de xénero, caso en que se aplicará o disposto na normativa vixente.

 

 

CONTÍA DAS AXUDAS

 

Renta per cápita familiar

 

Menor ou igual a 6.000 €

Maior de 6.000€ e menor ou igual a 10.000 €

Menor ou igual a 6.000 €

>6.000€

≥10.000 €

 

LIBROS DE TEXTO

MATERIAL

1º e 2º de E. Primaria

240 €

160 €

 

75 €

 

60 €

3º e 4º de E. Primaria

Fondo: 6 libros (1)

Fondo: 4 libros (1)

5º e 6º de E. Primaria

Proxecto E-DIXGAL

Proxecto E-DIXGAL

 

    (1) O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro.

 
 

PUBLICACIÓN LISTAXES FONDO LIBROS (3º E 4º)

Publicación de listaxes provisionais>

Ata o 12.07.2023

Reclamación ás listaxes provisionais>

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas>

O 26.07.2023

Faremos chegar o aviso ás familias a través de AbalarMóbil da publicación das listaxes.

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no porche da entrada de E. Primaria.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

 

 

ENTREGA DE LIBROS E VALES

A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2023/2024 para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.

 

Os VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e os VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria entregaranse na semana comprendida entre o 10 e o 14 de xullo de 2023.

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO 2023 - 2024

Estimadas familias:

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas para o vindeiro curso 2023-2024 foron ADMITIDAS.

Poden consultar a listaxe no taboleiro do porche.

Os pais, nais ou titores do alumnado que cursará 4º de E. Infantil serán convocados, vía telefónica, a unha reunión no colexio na última semana do mes de xuño.

Un cordial saúdo!

Cantando con las manos

Aquí vos deixamos o vídeo co que participamos no concurso "Cantando con las manos".

O alumnado do Castrillón participa coa canción "Nun mar azul" de María Fumaça.

Podedes votar unha única vez ao vídeo que vos guste e compartilo con familiares e amigos para maior difusión.

Desexamos que vos guste o noso vídeo.

Premede nesta imaxe para buscar o vídeo do Castrillón e votalo.

 

Preme no enlace para ver o vídeo directamente (para votar, na imaxe) 

https://youtu.be/BaejXLVoetc

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Comeza o PERÍODO DE MATRÍCULA para o curso 2023-2024

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes.

A solicitude de admisión de alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está a súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace:

Formulario de Admisión

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  • Unha vez descargada, cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
  • Cubrir a solicitude telematicamente e presentala asinada de xeito presencial no centro.
  • Cubrir a solicitude telematicamente e asinala en sede electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario Chave 365 ou con certificado dixital.

As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación para presentar a solicitude asinada presencialmente no centro son:

 

      - De 9.30 a 14.00 horas                                       - De 16.00 a 17.00 horas

 

Están a súa disposición os seguintes teléfonos para que poidan consultar calquera dúbida ao respecto: 

 

886 110 173 (Secretaría)  886 110 172 (Conserxería)  886 110 170 (Dirección)

 

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:

  • Formulario de Admisión.
  • Fotocopia completa do Libro de Familia.
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante (Se o ten expedido).
  • 4 fotografías tamaño carnet.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumnado solicitante.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servicios sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas).
  • Certificado médico que acredite:
    • Ausencia de enfermidades infecto-contaxiosa.
    • Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante.
    • Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.
    • A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.
  • Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar (Solicítase no concello).

Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.

Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • A lista de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do centro na primeira quincena de maio.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CEIPP PLURILINGÜE DO CASTRILLÓN - COIRO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Organizaremos 3 XORNADAS DE PORTAS ABERTAS os vindeiros martes: 28 de febreiro e o 7 e  14 de marzo para que as familias interesadas en escolarizar aos seus fillos e fillas poidan coñecer as nosas instalacións e o noso xeito de traballar.

A visita estará guiada por unha mestra e poderedes escoller entre dúas quendas cada día: unha ás 16.00 horas e outra ás 17.30 horas.

Aproveitaremos para aclararvos calquera dúbida que teñades.

Agardámosvos!!!

 

Para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo, preparamos os seguintes vídeos para que saibades un pouco máis de nós.

 

 

 

Ademais, tamén preparamos o seguinte tríptico informativo con toda a información necesaria sobre o noso centro, así como os teléfonos de contacto ós cales vos podedes dirixir para aclarar calquera dúbida.

 

Proxecto ENREDANZAS

O alumnado de 4º de Educación Primaria participa no Proxecto ENREDANZAS xunto con outros centros do Concello de Cangas.

Unha das actividades do proxecto foi a realización dun video-titorial dunha das danzas traballadas, vídeo que compartimos coa comunidade educativa para que vexades o estupendo traballo que fixeron!

 

 

Conmemoración Día da Paz 2023

O pasado luns 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz no noso centro.

Compartimos con todos e todas vós este vídeo para que vexades o ben o que o pasamos.

Esperamos que vos guste!

 

Almanaque 2023. O Mar: Cangas, vila mariñeira.

Dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Castrillón - Coiro queremos compartir con todos e todas vós o almanaque para este ano 2023.

Esperamos qe vos guste!

Visita Discamino

Mañá, 19 de xaneiro, imos ter unha visita moi especial no noso centro!

Integrantes do Proxecto Discamino terán un encontro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, onde o alumnado coñecerá de primeira man o gran labor que realizan coas persoas con discapacidade.

Se queredes coñecer máis sobre este proxecto, podedes consultalo na súa páxina web a través da seguinte ligazón.

Proxecto Discamino

 

BO NADAL E BO ANINOVO

O profesorado do C.E.I.P. Plurilingüe do Castrillón-Coiro deséxalles un bo Nadal e un bo ano 2023.

Que se cumpran todos os vosos desexos!

 

 

 

Recomendacións de lecturas en galego.

 

Como cada ano polo Nadal, recomendámosvos unha serie de lecturas en galego que poden resultar interesantes como agasallo, tanto para Papá Noel como os Reis Magos de Oriente.

Este ano, as novidades que nos partilla a coordinadora de E.D.L.G do Morrazo son as que poden atopar nos seguintes enlaces.

 

Guía de Lecturas para Infantil.

Guía de Lecturas para Primaria.

Guía de Lecutas para Secundaria.

Temos que realizar un agradecemento a Josuha Xanbreo, por agasallarnos coa ilustración que preside esta publicación, a cal pertence ás guías de lectura deste ano.

 

Distribuir contido