Comedor

Datos do comedor do centro, menús mensuais, consellos e orientacións

Regulamento

REGULAMENTO  

SERVIZO COMEDOR ESCOLAR

(aprobado en Consello Escolar extraordinario do 10-12-2013)

INDICE

 

1

INTRODUCCIÓN

 

2

FUNDAMENTOS LEGAIS

 

3

MODALIDADE DE XESTIÓN E CATEGORIA

 

4

HORARIO DE FUNCIONAMENTO

 

5

OBXECTIVOS

 

6

USUARIOS DO SERVIZO

 

7

PERSOAL COLABORADOR

 

 

7.1

PERSOAL DO CENTRO

 

 

7.2

DEMAIS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

 

8

FUNCIÓNS E TAREFAS RELACIONADOS CO SERVIZO

 

 

8.1

CONSELLO ESCOLAR

 

 

8.2

DIRECTOR

 

 

8.3

ENCARGADO DE COMEDOR

 

 

8.4

PERSOAL LABORAL DE COCIÑA

 

 

8.5

COLABORADORES

 

 

8.6

ALUMNADO

 

9

NORMATIVA DE USO INTERNO

 

 

9.1

PARA O ALUMNADO

 

 

9.2

PARA OS PAIS E AS NAIS

 

 

9.3

PARA O PROFESORADO

 

 

9.4

PARA OS COLABORADORES

 

 

9.5

MEDIDAS CORRECTORAS

 

10

NORMAS DE FUNCIONAMENTO PARA OS COLABORADORES DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

11

XESTIÓN ECONÓMICA

 

 

11.1

FINANCIACIÓN

 

 

11.2

TIPIFICACIÓN DE USUARIOS

 

 

 

1

INTRODUCIÓN

          O comedor escolar é un servizo complementario de carácter educativo que, ademais de servir á Administración educativa como factor importante para a escolarización, tamén desenvolve unha destacada función social e educativa. Así, os comedores escolares, ademais de cumprir unha función básica de alimentación e nutrición, están integrados na vida e organización dos centros educativos de tal maneira que a súa programación, desenvolvemento e avaliación forma parte da programación xeral anual do centro educativo.

 

 

2

FUNDAMENTOS LEGAIS

O funcionamento ven regulado pola normativa recollida nos Decretos 132/2013 (DOG 13-8-2013), na Orde do 21 de febreiro de 2007, modificada pola  do 13 de xuño de 2008 (DOG 19-6-2008) e poas instruccións 1/2013 do 14 de xuño.

 

 

3

MODALIDADE DE XESTIÓN E CATEGORIA

A modalidade do comedor e de XESTIÓN DIRECTA, consisten­te na elaboración por persoal laboral da Xunta de Galicia dos menús nas dependencias do centro escolar, onde serán consumidos exclusivamente por comensais do centro .

A modalidade de xestión deste centro educativo é:

* Comedor tipo D: de 251 a 350 comensais

 

 

4

HORARIO DE FUNCIONAMENTO

O comedor funcionará, agás imprevistos, as xornadas escolares comprendidas entre os meses de setembro a xuño, seguindo as instruccións que dicta a Consellería de Educación no calendario escolar.

Os alumnos/as estarán debidamente atendidos desde as 14’15 ata as 15’45 horas, atendendo ó seguinte horario:

* Hora de comer:

         - De 14:00 a 15:00 h (Educ. Infantil)

         - De 14:15 a 15:15 h.(Edu. Primaria)

* Tempo de Lecer:

         - De 15:00 a 15:30/16:00 h.(Educ. Infantil)

         - De 15:15 a 15:45 h.(Educ. Primaria)

 

 

5

OBXECTIVOS

O decreto (132/2013) configura o comedor escolar como un recurso edu­cativo de carácter complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade da educación básica obrigatoria dentro dos principios de igualdade e solidariedade.

Os obxectivos plantexados son:

a)    

Dar resposta á situación de desvantaxe social e económica de moitas familias.

b)    

Conciliar a vida laboral e familiar.

c)     

Elaborar pautas de comportamento coa comida

d)    

Que o alumnado usuario do servizo reciba unha alimantación axeitada a través dunha dieta saudable e equilibrada.

e)    

Conseguir progresivamente autonomía na alimentación.

f)      

Atender e dispor de dietas para o alumnado con problemas alimentarios.

g)    

Desenvolver hábitos de hixiene e persoais.

h)    

Respetar as normas de convivencia que regulan o servizo

i)      

Desenvolver actividades educativas no tempo de lecer.

 

 

6

USUARIOS DO SERVIZO

Poden ser usuarios do servizo nos comedores dependentes da consellería con com­petencias en materia de educación:

a) 

Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de      educación infantil dos centros con instalacións de comedor.

b) 

Persoal laboral de cociña

c) 

Persoal de atención, apoio e vixiancia dos usuarios do servizo.

d) 

Profesorado colaborador do centro.

e) 

Encargado de comedor

f)   

Director

O número de prazas iniciais asignadas a este centro foi de 256, en novembro de 2013 a Consellería ampliou en 31 o número de prazas, cunha vixencia restrinxida exclusivamente para o curso 2013-2014, fixándoas en 287:

- 271 para o alumnado

-     1 director

-     1 encargado de comedor

-     4 persoal de cociña

-     5 persoal de atención ao alumnado.

A selección e admisión de usuarios rexirase polos seguintes ordes de preferencia:

a)    

Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

b)    

Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar

c)     

Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

d)    

Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

e)    

Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores con incompatibilidade acreditada documentalmente dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

f)      

Outro alumnado do centro. Neste suposto atópanse os escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.

 

 

 

7

PERSOAL COLABORADOR

 

7.1

PERSOAL DO CENTRO

a)    

DIRECTOR.

b)    

ENCARGADO DE COMEDOR.

c)     

PROFESORADO COLABORADOR, sempre e cando estas tarefas non interfiran no desempeño dos seus cometidos laborais docentes

7.2

DEMAIS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Se fose precisa a participación dalgún membro da comunidade educativa que careza de relación funcionarial ou laboral coa Consellería e se preste voluntariamente, para actuar como colaborador no comedor, esta persoa, antes de asumir tal cometido, deberá asinar a declaración que se xunta como Anexo III, na que consta o carácter altruísta e a título de colaboración social desinteresada da súa prestación.En todo caso, comportarán o compromiso de colaborar coa comunidade educativa no coidado e vixilancia dos menores comensais, a aceptación polo persoal colaborador do sistema de organización previsto no correspondente protocolo de funcionamento do comedor escolar e o seu compromiso de avisar previamente con tempo suficiente as súas ausencias, que deberán ser xustificadas, ou o cesamento da colaboración. O incumprimento destas condicións será causa válida para que o centro dea por terminada a colaboración.

Tales funcións de colaboración no comedor só poderán ser desempeñadas por nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando actualmente estudos no centro docente respectivo.

Estas persoas non poderán desempeñar as funcións de colaboración no comedor durante dous cursos escolares consecutivos. Soamente nos casos en que resulte motivada e probada a imposibilidade de alternancia no desenvolvemento das tarefas descritas, poderase, en virtude de autorización expresa da Xefatura Territorial que corresponda, excepcionar o cumprimento da regra xeral sinalada.

O procedemento de selección levaráo a cabo o Consello Escolar do centro que estudiará as solicitudes presentadas (Anexo III) e  valorará, segundo o Anexo III-B cuberto e asinado polos solicitantes, seleccionando aquelas persoas máis idóneas para o desempeño deste labor.

 

 

 

8

FUNCIÓNS E TAREFAS RELACIONADOS CO SERVIZO

 

8.1

CONSELLO ESCOLAR

Serán competencias do Consello Escolar as seguintes:

a)    

Decidir sobre a  admisión dos escolares usuarios do servizo.

b)    

Volorar e determinar as persoas que colaboran de xeito altruista como colaboradores do comedor

c)     

Aprobar o menú.

d)    

Aprobar o presuposto económico.

e)    

Aprobar o balance económico anual.

f)      

Velar polo bó funcionamento do mesmo. Actuando, se fose preciso, no incumprimento das normas establecidas.

8.2

DIRECTOR

A función de dirixir e coordinar o servizo de comedor escolar recaerá sempre na persoa que ostente a dirección do centro, requiríndose para o efecto a súa presenza no comedor escolar.

Desempeñará as funcións que lle atribúe o artigo 11.2 da Orde de 21/02/2007:

a)    

Elaborar co equipo directivo o protocolo de funcionamento do servizo doe comedor.

b)    

Dirixir e coordinar o servizo.

c)     

Designar o persoal docente que voluntariamente participe nas tarefas de atención ao alumnado.

d)    

Supervisar o correcto funcionamento do servizo.

e)    

Estudar e elaborar o proxecto de orzamento.

f)      

Autorizar os gastos e ordenar os pagamentos.

g)    

Verificar o cobramento das cantidades correspondentes do servizo.

h)    

Facer as contratacións de subministracións,de acordo coa lexislación vixente.

i)      

Coordinar as tarefas do persoal.

j)      

Velar polo cumprimento das normas sobre sanidade e hixiene.

k)    

Calquera outra función necesario para o correcto funcionamento do servizo.

 

8.3

ENCARGADO DE COMEDOR

A persoa encargada do comedor terá, preferentemente, a condición de persoal docente do centro, sexa membro ou non do equipo directivo. Só nos casos en que non poida cumprirse este requisito, tal labor poderá ser realizado, logo de autorización expresa da xefatura territorial correspondente, por persoal non docente ou por outra persoa integrante da comunidade escolar que se preste voluntariamente.

Desempeñará as funcións que lle atribúe o artigo 10.2 da Orde do 21 de febreiro de 2007, requiríndose para o efecto a súa presenza no comedor escolar:

a)    

Coordinar un plan relacionado co hábito de saber comer e de relación social no contorno do servizo de comedor escolar.

b)    

Executar as tarefas propias de coordinación e supervisión necesarios para o bó funcionamento do servizo.

c)     

Organizar o funcionamento do servizo de comida de mediodía.

d)    

Elaborar a actualización periódica do inventario do equipamento do servizo de comedor e a súa reposición.

e)    

Elevar á dirección do Centro propostas sobre control e melloras de menús.

 

8.4

PERSOAL LABORAL DE COCIÑA

O persoal laboral de cociña está integrado por:

- 1 Oficial 2ª de cociña

- 3 auxiliares

Desempeñará as seguintes funcións:

a)    

Elaboración de menús

b)    

Velar pola calidade e conservación dos alimentos

c)     

Servizo de atención ás mesas dos usuarios

d)    

Limpeza de instalacións e equipamentos

e)    

Informar ó encargado do comedor daquelas outras cuestións que afecten ó funcionamento do servizo.

f)      

Colaborar no seguimento dos protocolos de seguridade e hixiene e de riscos laborais.

g)    

Asistir ás actividades específicas dentro do Plan de Formación continuada.

 

8.5

COLABORADORES

Será labor do persoal de atención aos usuarios do servizo as seguintes:

a)    

Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades establecidas de acordo co programa anual do servizo de comedor escolar.

b)    

Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais e unha correcta utilización e conservación da menaxe do comedor.

c)     

Axudar ao alumnado que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.

d)    

Informar ao equipo directivo do centro de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo do comedor, para que aquel o poña  en coñecemento das familias.

e)    

Atención ao alumnado nos periodos de antes e despois do xantar.

 

8.6

ALUMNADO

 

a)    

Colaborar nas tarefas de  atención e servizo.

b)    

Respectar as instalacións e a menaxe.

c)     

Manter as normas de convivencia básicas e de respeto para cos demaís.

 

 

9

NORMATIVA DE USO INTERNO

 

9.1

PARA O ALUMNADO

a)    

Baixa ó comedor  sempre acompañado dun profesor/a.

b)    

Non esquezas lavar as mans a miúdo.

c)     

Se eres un alumno/a de 2º ou 3º ciclo  vai ó baño antes de entrar no comedor, logo (salvo urxencia) non poderás ir.

d)    

Sen a debida autorización non podes saír do RECINTO ESCOLAR.

e)    

Recorda que falar moi alto ou berrar non significa que te escoiten   máis, se falas baixiño todos nos entenderemos  mellor.

f)      

Tenta comer todo e de todo.

g)    

Se queres deixar algo de comida, pregúntalle primeiro a un profesor. ¡Non tires nin xogues nunca coa comida!

h)    

Levanta a man para pedir o que necesites (pan, auga, culler, garfo,...)

i)      

Se andas polo medio non colaboras ¡Estorbas!

j)      

Cando remates de comer deixa a mesa ordenada e recollida. ¡ Sairás antes ó patio do recreo a xogar !

k)    

Á hora de marchar sube ordenadamente á túa clase e recolle as túas cousas logo xa non poderás ir (quedes ou non ás actividades).  ¡Cóidaas, ti serás o responsable delas!

l)      

Sube ó autobús aseado e vestido. ¡Non deixes roupa atrás!

 

9.2

PARA OS PAIS E AS NAIS

a)    

Non está permitido que os pais e nais usen as instalacións do comedor.

b)    

Respectar o horario de comida e de patio

c)     

Non interferir na marcha do servizo

d)    

Informar de todas aquelas alerxias ou incidencias que afecten á saúde do neno/a

e)    

Comunicar ó Centro os días de ausencia ao comedor.

 

9.3

PARA O PROFESORADO

a)    

Cando remate a actividade lectiva (5ª sesión) deixar saír   ordenadamente ao alumnado que coma na casa. Acompaña aos que coman no comedor ata a entrada do mesmo.

 

9.4

PARA OS COLABORADORES

a)    

Colabora activamente co servizo. ¡Non chegues tarde!

b)    

Cando un grupo remate de comer e teña a mesa ordenada e recollida, se o consideras conveniente, poderás deixalos saír ó patio ( nunca antes das 15 h.)

c)     

Controla a túa zona de patio.

d)    

Se hai algún ferido, deixa que sexa Guillermo quen lle faga a cura.

e)    

Se vixías dentro, á hora de marchar, deberás subir  ó corredor da túa zona e controlar que se fai de forma ordenada. Non deixes a ningún neno/a nas aulas.

f)      

O profesorado colaborador que vixía no patio controla as entradas nas portas de acceso, procurando que o fagan de forma ordenada e silenciosa.

g)    

Recorda que todos deben recoller as súas cousas, logo non poderán subir.

h)    

A túa presenza preto dos autobuses é moi importante (colaboradores dentro e fóra).

 

9.5

MEDIDAS CORRECTORAS

a)    

É falta moi grave o abandono do Colexio ou do patio nas horas do comedor.

b)    

Tamén é falta moi grave todo o deterioro ou rotura do material no patio ou no comedor, que ademais será aboada polo/s causante/s.

c)     

Pequenas faltas reiterativas de comportamento supoñen  unha falta grave.

d)    

As faltas moi graves sancionaranse  coa expulsión temporal ou definitiva do comedor.

e)    

A xunta de Goberno do Comedor (integrada polo Director, Encargado do Comedor e persoal colaborador) proporá ó Consello Escolar, logo de oídas as partes, as sancións que crea pertinentes.

f)      

As ausencias porolongadas e non xustificadas, poderían ser causa de baixa na utilización do servizo.

 

 

 

 

 

10

NORMAS DE FUNCIONAMENTO PARA OS COLABORADORES DE EDUCACIÓN INFANTIL

Normas xerais

-   

Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades establecidas de acordo co programa anual do servizo de comedor escolar.

-   

Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais e unha correcta utilización e conservación da menaxe do comedor.

-   

Axudar ao alumnado que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.

-   

Informar ao encargado de comedor de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo, para que aquel o poña  en coñecemento da dirección e se fose preciso das familias.

-   

Colaborar en todo momento co encargado de comedor.

-   

Informar ao compañeiro/a de calquera incidencia ou incidente dos usuarios (alerxía, enfermidade,…) axudaranos a realizar un bo servizo.

- Atender ao alumnado nos periodos de antes e despois do xantar.

14:00 h.

Baixar ao alumnado ao comedor

- 2 coidadores/as

- Agardan no comedor á chegada dos alumnos.

- Traen a comida da cociña e distribúena polas mesas.

- Ultiman detalles e preparan todo para que este listo cando cheguen os nenos

- Axudan a destribuír aos nenos nas mesas

 

- 3 coidadores/as

- Recollen ao alumnado nas clases.

- Organízanos e baíxanos ata o comedor.

- Axudan a destribuír aos nenos nas mesas.

14:00 h.

a

15:15 h.

No comedor

- 5 coidadores/as

- Terán unhas mesas asignadas cos mesmos nenos sempre.

- Cada coidador/a farase responsable do grupo de nenos asignados en canto a:

·        

Comida (repartir, recoller,…)

·        

Saída ao servizo

·        

Recoller/ordenar mesas

·        

Subir ás aulas

·        

Hábitos alimentarios

·        

Controlar se vai en autobús ou recólleno no centro

·        

Se ten actividades extraescolares ou non.

 

15:15 h.

a

16:00 h.

Despois

de

comer

- 2 coidadores/as

- Faranse cargo do alumnado que marcha en autobús.(no corredor)

- Levarán aos nenos ata o autobús

- 3 coidadores/as

- Controlan aos nenos que quedan a actividades ou que veñen a recollelos os pais.(peceira/corredor-despois de que marchen os do autobús-)

XERALIDADES

-

Cando por enfermidade ou asunto persoal un compañeiro/a non poidese asistir, o seu grupo será atendido polo resto dos compañeiros.

-

Se a ausencia fose prolongada, a súa ausencia será cuberta por un coidador/a substituo/a.

-

Se 1 coidador/a acompaña a un neno/a ó servicio o seu grupo será controlado polos outros coidadores.

RECORDADE QUE: “ Todos os nenos son de todos”

         

 

 

11

XESTIÓN ECONÓMICA

 

11.1

FINANCIACIÓN

 

Os comedores escolares xestionados pola consellería con competencias en educa­ción financiaranse cos seguintes ingresos:

a)

Achegas da consellería para cubrir o custo do servizo.

b)

Achegas dos usuarios do servizo aos cales non lles corresponda a bonificación com­pleta de comedor , en concepto de prezos públicos ou tarifas

c) 

Achegas en forma de axuda ou doazón recibidas doutros organismos públicos ou privados, concedidas de acordo co disposto na normativa vixente na materia.

A xestión económica do comedor escolar, ademais de constar nos rexistros da activi-dade económica que están establecidos con carácter xeral para todos os centros docentes públicos de Galicia, constará nunha conta específica para tal fin. Así mesmo, levarase un rexistro de ingresos e un rexistro de gastos do servizo de comedor, cuxa xustificación será presentada cada trimestre e cada curso escolar, xunto coas facturas e demais documentos acreditativos dos ingresos percibidos e dos gastos realizados, polo director do centro ao servizo territorial correspondente, unha vez aprobada polo consello escolar.

 

 

11.2

TIPIFICACIÓN DE USUARIOS

 

USUARIOS GRATUITOS:

-      

Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil pertencentes a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclu­sión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.

-      

Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil que se atopen en situación de acollemento residencial ou familiar.

-      

Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ao 33 %.

-      

Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acredi­tada documentalmente.

-      

Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita inferior a 7.000 euros.

-      

Persoal de cociña

-      

Os coidadores de atención ao alumnado.

-      

Encargado de comedor e director

 

 

USUARIOS CON BONIFICACIÓN:

O aboamento total ou parcial pola utilización do servizo de comedor virá determinado pola Consellería de Educación. (MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS)

 

A estrutura das rendas familiares anuais netas, así como o importe dos prezos públi­cos veranse modificados, se é o caso, de acordo co disposto nas leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANEXO III

 

 

 

 

         Don/dona………………………………………………………………………………… con DNI…………………………………………e co número de teléfono de contacto………………………………/………………………………………… pai/nai, titor legal do alumno/a……………………………………………………………………………………… escolarizado/a no CEIP CASTRILLÓN en Educación………………………….. no curso………………. Grupo………….

 

Que fun proposto/a polo consello escolar do centro para desempeñar as tarefas de colaborador/­a do comedor durante o curso 201…-201….

 

Que fago constar o carácter voluntario e altruísta do meu labor, que realizo a título de colaboración social desinteresada, sen que implique ningún tipo de relación contractual ou doutro tipo coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e pola cal percibo unha compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola miña colaboración.

 

 

 

Castrillón-Coiro a………de……………..de 201…

 

 

 

Sinatura

 

 

 

ANEXO III-B

PROTOCOLO PARA A SELECCIÓN DE

COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR

                   Don/dona………………………………………………………………………………… con DNI…………………………………………e co número de teléfono de contacto………………………………/………………………………………… pai/nai, titor legal do alumno/a……………………………………………………………………………………… escolarizado/a no CEIP CASTRILLÓN en Educación………………………….. no curso………………. Grupo………….

DECLARO:

□      

Ter cuberto e asinado o ANEXO III no que solicito formar parte, con carácter voluntario e altruista, para desempeñar labores de colaborador no comedor escolar do centro.

 

□      

Estar en posesión do carnet de manipulador de alimentos:

□    

Si

 

□    

Non

 

□      

Ter formación en hábitos de seguridade e hixiene:

□    

Si

                            Cales:

                                     ________________________________

                                     ________________________________

                                     ________________________________

                                     ________________________________       

□    

Non

 

□      

Ter realizado cursos de formación relacionados coa nutrición:

□    

Si

         Cales:

                  ________________________________

                  ________________________________

                  ________________________________

                  ________________________________

□    

Non

 

□      

Ter experiencia no coidado de nenos/as en idade infantil

□    

Si

 

□    

Non

 

(sinale con X aquello que proceda)

 

En ……………………….a ………. de………………..de 201…

 

Asdo:

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido