XORNADA DE PORTAS ABERTAS
CEIPP PLURILINGÜE DO CASTRILLÓN - COIRO
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Organizaremos 3 XORNADAS DE PORTAS ABERTAS os vindeiros martes: 28 de febreiro e o 7 e 14 de marzo para que as familias interesadas en escolarizar aos seus fillos e fillas poidan coñecer as nosas instalacións e o noso xeito de traballar.
A visita estará guiada por unha mestra e poderedes escoller entre dúas quendas cada día: unha ás 16.00 horas e outra ás 17.30 horas.
Aproveitaremos para aclararvos calquera dúbida que teñades.
Agardámosvos!!!
Para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo, preparamos os seguintes vídeos para que saibades un pouco máis de nós.
Ademais, tamén preparamos o seguinte tríptico informativo con toda a información necesaria sobre o noso centro, así como os teléfonos de contacto ós cales vos podedes dirixir para aclarar calquera dúbida.