Saltar navegación.
Inicio

Estreamos o Bookflix!

Hoxe, o alumno de 4º E.P.- A Lucas Moral foi o primeiro alumno dos cursos 4º - 6º E.P. en completar a lectura cinco libros emprestados da nosa biblioteca, polo que foi o primeiro en colocar a reseña do libro que máis lle gustou dos cinco que leu no Bookflix da Morada de Buli. En breve recibirá tamén un pequeno agasallo.

Parabéns!

 

Concursos de Nadal

Videocontos de Nadal

 

Queridas familias, é o voso momento!

Facédelles chegar aos titores os vosos videocontos de Nadal a través dun pen-drive, a ser posible en galego, antes do 15 de decembro. Visionarémolos entre o 16 e o 21 de decembro nas horas de lectura nas clases dos vosos fillos.

Animádevos a participar!

Día do Pixama 2021

Hoxe no CEIP Castrillón Coiro celebramos o Día do Pixama, unha iniciativa de ASEAF (Asociación Estatal de Acogimiento Familiar) para celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. 

No noso cole, ademais de vir en pixama, o alumnado trouxo o seu libro favorito e posou nun photocall montado para a ocasión na Morada de Buli. Deixámosvos por aquí unha pequena mostra e proximamente subiranse tódalas fotos á Galería.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL.

Xúntase en arquivos adxuntos a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) xunto co formulario de solicitude (ANEXO I e II).

Terá dereito a esta axuda o alumnado que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22. Este alumnado NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Poderá acceder tamén a esta axuda o alumnado que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ no exercicio fiscal de 2019, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

NESTE CASO, A SOLICITUDE TENSE QUE FACER DE FORMA PRESENCIAL NA SECRETARÍA DO CENTRO. Os impresos poden descargarse nos enlaces que figuran ao pé desta nota ou poden recollerse no propio colexio. Non é necesario solicitar cita previa.

O prazo para presentar as solicitudes vai desde o día 15 ata o día 26 de novembro de 2021.

 

O centro informará a través de Abalar do procedemento de distribución das máscaras.

 

Orde do 20 de outubro de 2021 (DOG 12 de novembro de 2021)

 

ANEXO I e II-Máscaras (Procedemento ED330E)

 

 

Horario de biblioteca pola tarde

Estimadas familias:

Lembrámosvos que a biblioteca está aberta para préstamos os luns, mércores, xoves e venres durante o horario de actividades extraescolares (15:45 - 17:00).

Así mesmo, lembrade que vós tamén podedes facervos socios da biblioteca e así poderedes levar máis contos para ver cos vosos fillos na casa (ou libros para o voso propio tempo de lecer).

Unha buliaperta.

 

O equipo de Biblioteca - A Morada de Buli.

DÍA DO PIXAMA

Este curso participamos na iniciativa da ASEAF, pincha na imaxe para obter máis información.

 

Magosto

Chegou o momento de recuperar o noso querido Magosto Risa

Grazas a todas e todos por facelo posible!

Pincha na foto:

 

TÚNEL DO TERROR

Polo Samaín vivimos unha experiencia terrorífica. Quen se atreve a entrar no noso túnel do terror?

Pincha na imaxe e adéntrate con nós Risa

RECEITAS DE OUTONO.

29/10/2021 09:39

Ola a todos e todas!

O outono xa está aquí e con el ricos froitos para elaborar deliciosas receitas.

Fai un vídeo no que aparezas elaborando unha receita para traer ao cole. 

Deben aparecer os ingredientes e os pasos da elaboración.

Animádevos masterbuliños!!!!

 

 

Festa de Samaín

INICIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021-2022

Estimadas familias:

O vindeiro MÉRCORES, día 13 de OUTUBRO de 2021, COMEZAN as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Segundo o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19, informámoslles daqueles aspectos máis importantes que deberán ter en conta e pedimos a súa colaboración para conseguir, entre todos, un bo funcionamento das mesmas.

- O USO DA MÁSCARA SERÁ OBRIGATORIO.

- ENTRADAS ÁS ACTIVIDADES:

O alumnado NON USUARIO do SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR, tanto de E. Infantil como de E. Primaria entrará ás 15.45 HORAS polo PORTALÓN GRANDE que dá acceso ao patio e dirixirase ao PAVILLÓN POLIDEPORTIVO. Os monitores e monitoras das distintas actividades que se desenvolvan ese día agardarán dentro do pavillón polos seus respectivos alumnos e alumnas. O alumnado ENTRARÁ SÓ no recinto. NON SE PERMITE A ENTRADA DOS PROXENITORES NO CENTRO EDUCATIVO.

- SAÍDA DAS ACTIVIDADES:

A SAÍDA realizarase A PARTIR DAS 16.55 HORAS.

NON HABERÁ SERIZO DE AUTOBÚS.

AS FAMILIAS AGARDARÁN SEMPRE FÓRA DO RECINDO ESCOLAR, DIANTE DO SEU RESPECTIVO PORTAL DE SAÍDA, EN FUNCIÓN DA ACTIVIDADE QUE TEÑA ESE DÍA O SEU FILLO OU FILLA (Cadro Anexo).

Cada monitor/a ACOMPAÑARÁ AO ALUMNADO DA SÚA ACTIVIDADE ATA O SEU RESPECTIVO PORTAL DE SAÍDA para entregarllo a súa familia, que estará agardando fóra.

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN!

 

SAÍDA ACTIVIDADES
PORTAL 1

RITMO E BAILE

BAILE MODERNO

TEATRO

COSTURA

ARTE E PINTURA

MANUALIDADES

INFORMÁTICA

PORTAL 2

GUITARRA

ROBÓTICA

XIMNASIA RÍTMICA

CONTACONTOS

PORTAL 3

BALONMÁN

FUTBITO

BALONCESTO

TENIS

BAILE GALEGO

 

 

 

 

Benvid@s ao grupo de enriquecemento

Estimadas familias, dende o departamento de orientación adxuntamos a presentación do grupo de enriquecemento.

Agardamos vos inspire.

Moitísimas grazas.

Premede na imaxe.

AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Estimadas familias:

A través do seguinte enlace atoparán a información para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2021-2022.

O prazo remata o 30 de setembro.

ORGANIZACIÓN DO CENTRO SEGUNDO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19

Segundo o protocolo de protección e o plan de adaptación do CEIP do Castrillón - Coiro, á

situación COVID-19, informamos dos aspectos máis significativos de organización do centro.

 

Solicitamos ás familias do alumnado que lean detidamente as instrucións dadas, clicando no

documento adxunto.

 

 

Distribuir contido