Saltar navegación.
Inicio

INICIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021-2022

Estimadas familias:

O vindeiro MÉRCORES, día 13 de OUTUBRO de 2021, COMEZAN as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Segundo o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19, informámoslles daqueles aspectos máis importantes que deberán ter en conta e pedimos a súa colaboración para conseguir, entre todos, un bo funcionamento das mesmas.

- O USO DA MÁSCARA SERÁ OBRIGATORIO.

- ENTRADAS ÁS ACTIVIDADES:

O alumnado NON USUARIO do SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR, tanto de E. Infantil como de E. Primaria entrará ás 15.45 HORAS polo PORTALÓN GRANDE que dá acceso ao patio e dirixirase ao PAVILLÓN POLIDEPORTIVO. Os monitores e monitoras das distintas actividades que se desenvolvan ese día agardarán dentro do pavillón polos seus respectivos alumnos e alumnas. O alumnado ENTRARÁ SÓ no recinto. NON SE PERMITE A ENTRADA DOS PROXENITORES NO CENTRO EDUCATIVO.

- SAÍDA DAS ACTIVIDADES:

A SAÍDA realizarase A PARTIR DAS 16.55 HORAS.

NON HABERÁ SERIZO DE AUTOBÚS.

AS FAMILIAS AGARDARÁN SEMPRE FÓRA DO RECINDO ESCOLAR, DIANTE DO SEU RESPECTIVO PORTAL DE SAÍDA, EN FUNCIÓN DA ACTIVIDADE QUE TEÑA ESE DÍA O SEU FILLO OU FILLA (Cadro Anexo).

Cada monitor/a ACOMPAÑARÁ AO ALUMNADO DA SÚA ACTIVIDADE ATA O SEU RESPECTIVO PORTAL DE SAÍDA para entregarllo a súa familia, que estará agardando fóra.

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN!

 

SAÍDA ACTIVIDADES
PORTAL 1

RITMO E BAILE

BAILE MODERNO

TEATRO

COSTURA

ARTE E PINTURA

MANUALIDADES

INFORMÁTICA

PORTAL 2

GUITARRA

ROBÓTICA

XIMNASIA RÍTMICA

CONTACONTOS

PORTAL 3

BALONMÁN

FUTBITO

BALONCESTO

TENIS

BAILE GALEGO