Saltar navegación.
Inicio

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL.

Xúntase en arquivos adxuntos a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) xunto co formulario de solicitude (ANEXO I e II).

Terá dereito a esta axuda o alumnado que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22. Este alumnado NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Poderá acceder tamén a esta axuda o alumnado que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ no exercicio fiscal de 2019, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

NESTE CASO, A SOLICITUDE TENSE QUE FACER DE FORMA PRESENCIAL NA SECRETARÍA DO CENTRO. Os impresos poden descargarse nos enlaces que figuran ao pé desta nota ou poden recollerse no propio colexio. Non é necesario solicitar cita previa.

O prazo para presentar as solicitudes vai desde o día 15 ata o día 26 de novembro de 2021.

 

O centro informará a través de Abalar do procedemento de distribución das máscaras.

 

Orde do 20 de outubro de 2021 (DOG 12 de novembro de 2021)

 

ANEXO I e II-Máscaras (Procedemento ED330E)